Evento: A visión para piano de John Cage (1912–1992)

  • Nicasio Gradaille | Imaxe: Centro Nacional de Difusión Musical
A visión para piano de John Cage (1912–1992)
mércores, 20 xuño, 2018 - 19:30
Centro Galego de Arte Contemporánea,
Santiago de Compostela

A visión para piano de John Cage (1912–1992)

Conferencia do pianista Nicasio Gradaille

Afincado en Vigo, onde é profesor no Conservatorio Superior de Música, Nicasio Gradaille é pianista e membro fundador do Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) de Santiago de Compostela. Doutor pola Universidade de Vigo cunha Tese sobre o Concert for Piano de John Cage, de quen gravou para a Radio Galega as súas Sonatas and Interludes, impartiu seminarios sobre a súa obra para piano en diversos conservatorios europeos. Interesado na música contemporánea, participou nos festivais Via Stellae (Santiago de Compostela), Semana do Corpus (Lugo), Espazos Sonoros (Ourense, Vigo, Sada), Semana de Música Religiosa (Cuenca) ou Festival Internacional de Música y Danza (Granada). Colabora frecuentemente coa Real Filharmonía de Galicia.

A conferencia de Nicasio Gradaille sobre John Cage forma parte da programación das Xornadas de música contemporánea 2018.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Portada da publicación da Peza do Mes de abril do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Romaría de San Vitoiro
1 de abril a 30 de abril
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación do libro "1140"
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
Presentación do libro: Ni paraíso ni mierdas
24 de abril
Biblioteca Pública de Ourense