Evento: Ribeiro Son do Viño

  • Ribeiro Son do Viño
Ribeiro Son do Viño
sábado, 14 xullo, 2018 - 13:00
Bar Náutico San Vicente do Mar,
O Grove

Ribeiro Son do Viño

5ª edición do festival

Ribeiro Son de Viño é o único festival de Galicia que combina música en directo con degustacións de viños da Denominación de Orixe Ribeiro no entorno máxico da praia da Barrosa, en San Vicente do Mar.

O Sonoro Maxín, Esteban y Manuel, Marem Ladson, Bifannah, Pardo e Baiuca conforman o cartel da quinta edición de Ribeiro Son de Viño.

Xunto a estes artistas, serán as bodegas Alberte, Antonio Montero, Deseu, Eduardo Bravo, Sameirás, e Viña Costeira as encargadas de presentar os viños que o público do evento poderá degustar durante toda a xornada, a ritmo de cumbias, música electrónica e tradicional, merengues, cancións pop e rock clásico. 

Como novidade este ano a festa continúa tras os concertos coa pinchada de dous Djs de excepción, Luis Basilio da coñecida banda madrileña Los Nastys, e Antía Van Weill, baixista de Bifannah.
 

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos