Evento: Poetas di(n) versos

Poetas di(n) versos
luns, 25 xaneiro, 2016 - 20:30
Centro Ágora,
A Coruña

Poetas di(n) versos

Música e poesía abren a actova e nova tempada deste ciclo con Juan Carlos Meste e Miguel Mato Fondo

POETAS DI(N)VERSOS segue a demostrar a súa solidez, excelencia e boa saúde renovando a súa vitalidade a través dos anos. A coidada programación poética da Concellaría de Cultura da Coruña volve por oitavo ano con novas citas mensuais que reunirán poetas de Galicia e do mundo en encontros abertos e gratuítos. O único ciclo estable que inclúe poetas internacionais de xeito regular en toda España, regresa así ao centro Ágora 

As lecturas poéticas, sempre en idioma orixinal e con traducións ao galego, volverán ter lugar no Auditorio do centro, en luns de cada mes e en horario das 20:30h do serán, contando arredor dunha hora de duración. As librarías da cidade seguirán ofrecendo a posibilidade de adquirir os volumes dos e das convidadas, así como de conseguir as súas sinaturas.

A oitava edición de POETAS DI(N)VERSOS dá o do de peito anunciando unha programación do máximo nivel para o primeiro trimestre do 2016, e algúns dos poetas máis renomeados da actualidade mundial contemporánea pasarán polo ciclo dirixido pola poeta e dinamizadora cultural Yolanda Castaño. Tamén ao seu cargo quedará a conducción dos actos e as traducións ao galego dos textos estranxeiros.

Programación:

*Luns 25 de xaneiro : Juan Carlos Meste e Miguel Mato Fondo, dende a Coruña e o Bierzo, música e posesía da man dun poeta da Xeración dos 80 e do Premio Nacional de Poesía 2009

 

Luns 29 de febrero: Sarah Holland-Batt e Ledicia Costas, a primeira poeta asustraliana en sete anos do noso ciclo, a carón de toda unha flamante Premio Nacional chegada de Vigo

 

Luns 14 de marzo: Ricardo Domeneck e Rosalía Fernandez Rial, a sesión mais moderna e interdisciplinar do ano mestura o acento de Bergantiños e o brasileiro con vídeo e son

Entrada libre, ata completar capacidade.

Máis información

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Portada da publicación da Peza do Mes de abril do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Romaría de San Vitoiro
1 de abril a 30 de abril
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación do libro "1140"
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
Presentación do libro: Ni paraíso ni mierdas
24 de abril
Biblioteca Pública de Ourense