Evento: Camilo José Cela: doutoramentos honoris causa

  • Camilo José Cela mostra que pon en valor os seus vencellos coa universidade
Camilo José Cela: doutoramentos honoris causa
domingo, 23 novembro, 2025 a sábado, 31 xaneiro, 2026
Casa Museo da Fundación Camilo José Cela,
Padrón

Camilo José Cela: doutoramentos honoris causa

Homenaxea a Camilo José Cela cunha mostra que pon en valor os seus vencellos coa universidade

A Fundación Camilo José Cela organiza esta exposición que fai un repaso aos doutoramentos honoris causa que lle foron outorgados ao escritor e que xa se pode ver na sede da fundación en Padrón.

Así, a mostra, que coincide co 45º aniversario dos doutoramentos que recibiu en 1980 polas universidades de Santiago de Compostela e a de Palma de Mallorca, ten por obxectivo amosar unha parte das propias coleccións da Fundación Camilo José Cela, xestionada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, que, máis alá da súa produción literaria, axudan a lembrar e poñer en valor a traxectoria académica do autor desde o máximo galardón que outorgan as institucións académicas.

Neste senso, cómpre destacar que, entre outros recoñecementos, Camilo José Cela recibiu esta distinción honorífica polos seus méritos vencellados ás letras e ás humanidades, por parte de 25 universidades de todo o mundo, desde o primeiro, en 1974 pola Universidade de Siracusa, en Nova York, ata o último, recibido en 1999 pola Universidade Kansai Gaidai, no Xapón.

No percorrido faise referencia a 12 deses doutoramentos de maneira que na sala da exposición permanente intercalase parte da colección téxtil conservada entre os distintos fondos que atesoura a entidade, como son togas, mucetas e birretes. Ademais, acompañando a estas pezas tamén se exhiben os títulos oficiais expedidos polas universidades de Siracusa, Miami, Dowling College, Millersville e Florida (Estados Unidos); a de Santiago de Compostela (España); a de Birminghan (Gran Bretaña); a Universitas Fu Jen (Taiwán); a Universidade Moderna (Portugal); a do Río Grande do Sul (Brasil); a de Ciencias Empresariais e Sociais de Bos Aires (Arxentina) e a Universidade de Filipinas.

Máis eventos de tipo Exposición

Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8