Evento: Presentación do libro "Al partir, un beso y una flor"
Presentación do libro "Al partir, un beso y una flor"
venres, 5 decembro, 2025 - 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Presentación do libro "Al partir, un beso y una flor"
Manuel Alonso Bernabéu e Adrián Alonso Fonseca
"Al partir, un beso y una flor" é un libro de poemas, escrito por Manuel Alonso Bernabéu e o seu neto, Adrián Alonso Fonseca.
Unha obra que une xeracións e que invita a deter o tempo, sentir e reflexionar a través de versos cheos de sensibilidade, valores familiares e espiritualidade.
A presentación será unha ocasión especial para coñecer a historia que deu orixe ao proxecto, descubrir o proceso creativo e gozar dunha lectura que celebra a unión entre tradición, agarimo e crecemento interior.
No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.



