Evento: Surrealismos cotiáns

  • Exposición sobre Surrealismos cotiáns no Museo Etnolóxico de Ribadavia
  • Exposición sobre Surrealismos cotiáns no Museo Etnolóxico de Ribadavia
  • Exposición sobre Surrealismos cotiáns no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Surrealismos cotiáns
xoves, 6 novembro, 2025 a sábado, 28 febreiro, 2026
Museo Etnolóxico de Ribadavia,
Ribadavia

Surrealismos cotiáns

Unha perspectiva singular: o surrealismo dende Eugenio Granell

O Museo Etnolóxico de Ribadavia somérxese nunha proposta singular que convida a mirar o mundo dende unha perspectiva poética e libre: O surrealismo. Pero non é unha mostra monográfica nin una exposición de arte surrealista ao uso. Trátase de propor un xogo, unha provocación e unha invitación a repensar a relación co mundo material e a creatividade.

A mostra inspírase na figura de Eugenio Granell, o último surrealista español e toma como punto de partida a súa visión do surrealismo como unha forma de vida e unha ferramenta de liberación espiritual e creativa.

A exposición presenta unha escolma de máis de setenta pezas pertencentes á colección do  Museo, que se combinan con obxectos procedentes da Fundación Granell, en Santiago de Compostela. O diálogo entre os elementos permiten repensar o cotián dende o estrañamento, o humor e a imaxinación, activando novas lecturas sobre o que nos rodea e sobre nós mesmos. A través de recursos creativos empregados pola arte surrealista como a exploración do subconsciente, o uso do absurdo, o poder da palabra e a intervención -mínima, intensa ou nula- nos obxectos, a mostra celebra o poder da intuición e da poesía visual.

Dividida en catro seccións, na exposición percórrense temas como o papel do título na creación artística, a intervención creativa sobre os obxectos, as relacións entre arte e antropoloxía e a capacidade dos museos para custodiar, pero tamén para esquecer ou non ser conscientes dos segredos das súas coleccións. Sen desvelar os detalles de cada obra, convídase aos visitantes a explorar cunha ollada nova o que podería ser insignificante, a imaxinar usos, orixes ou nomes, e a participar activamente na construción do sentido.

Máis eventos de tipo Exposición

Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8