Evento: Vacabots. Creación de robots sustentables

Vacabots. Creación de robots sustentables
sábado, 15 novembro, 2025 - 12:00
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense

Vacabots. Creación de robots sustentables

con Vermislab

Neste obradoiro propoñémosche unha aventura chea de diversión, aprendizaxe e conciencia ambiental, perfecta para gozar en familia.

A idea é simple: nós proporcionámosche os compoñentes técnicos para construír o teu robot (motores, rodas, batería...), e ti traes o máis importante: ¡os teus materiais reciclados! Botellas, caixas, tapas, cartón... todo pode cobrar vida co teu toque creativo.

Actividade para nenas e nenos de +6 a 12 anos.

As prazas son limitadas polo que é necesario facer inscrición previa que pode facerse dende o venres 7 de novembro ben presencialmente ben chamando aos números de teléfono : 988 788 385 / 386

Máis eventos de tipo Obradoiro

MIES É +. Talleres experimentais de arquitectura contemporánea 2026
31 de xaneiro a 31 de maio
Centro Galego de Arte Contemporánea
Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiros Creativos
31 de xaneiro a 16 de maio
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Booktrailer
17 de abril
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia. Perfumes
Perfumes da natureza
18 de abril
Museo Etnolóxico de Ribadavia