Evento: Perfumes da natureza

  • Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia. Perfumes
  • Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Perfumes da natureza
sábado, 18 abril, 2026 - 11:30
Museo Etnolóxico de Ribadavia,
Ribadavia

Perfumes da natureza

Obradoiros mensuais para que a xente nova se divirta mentras coñece o patrimonio cultural

O Museo ofrece os OBRADOIROS CREATIVOS, obradoiros mensuais deseñados para que nenos e nenas de 6 a 12 anos exploren, creen e se divirtan mentres conectan co noso patrimonio.

Cada obradoiro é unha oportunidade para descubrir técnicas tradicionais, transmitir saberes ancestrais e valorar as nosas raíces a través da experimentación e o xogo.

DATAS E TEMÁTICAS:

-18 de abril: Perfumes da natureza

Achegamento aos aromas que ofrece a natureza e viaxe aos saberes tradicionais a través dos usos das plantas medicinais. Aprender a combinar flores, herbas, froitas e especias do mesmo xeito que se facía na tradición.  

Actividade:

- Recoñecemento de plantas

- Exploración de aromas naturais

- Elaboración dun perfume propio

- Pequenos experimentos co olfato e as mesturas.

O resto dos obradoiros son:

-31 de xaneiro: Tinguidos naturais

- 28 de febreiro: ExpresArte

- 21 de marzo: Aluméame: os candís e as candeas

-16 de maio: Cianotipia, as primeiras fotografías

Terán unha duración aproximada de 1h 30 minutos.  

As prazas estarán limitadas a 15 participantes por obradoiro.

A inscrición é flexible, poidendo apuntarse a un ou varios obradoiros, segundo a disposición e interese. O prazo de inscrición pecha 3 días antes da data de cada obradoiro. 

Para consultas:

reservas@xeitura.com

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiros de verán no Museo de Bela Artes
Inspirar para crear
7 de xullo a 28 de agosto
Museo de Belas Artes
Obradoiros de verán
13 de xullo a 17 de xullo
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Robótica creativa
13 de xullo a 17 de xullo
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiros de Creatividade -Teatro
16 de xullo
Biblioteca Pública de Ourense