Evento: Obradoiro de bordado de prendas

Obradoiro de bordado de prendas
martes, 25 novembro, 2025 - 17:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Obradoiro de bordado de prendas

Con Lúa Mosquetera

O Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres acollemos un obradoiro de bordado de prendas a cargo de Lúa Mosquetera,a creadora do clube de bordado na Coruña e en Compostela dende o ano 2016.

Bordaremos o verso de Rosalía de Castro "Tecín soia a miña tea", dándolle unha nova forza, nunha prenda de vestir: unha camiseta, camisa, suadoiro, chaqueta… o que che apeteza traer.

Non precisas absolutamente ningunha experiencia, xa que aprenderemos puntadas básicas e partiremos de cero. Todos os materiais están incluidos agás a prenda de roupa, que debes traer ti!

Actividade dirixida a público adulto. Hai 15 prazas. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Máis eventos de tipo Obradoiro

MIES É +. Talleres experimentais de arquitectura contemporánea 2026
31 de xaneiro a 31 de maio
Centro Galego de Arte Contemporánea
Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiros Creativos
31 de xaneiro a 16 de maio
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Electrónica en papel
7 de marzo
Biblioteca Pública de Ourense
Obradoiro de cómic
13 de marzo
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola