Evento: Peza do mes: Gravado sobre cerámica. Baños de Río Caldo (Lobios, Ourense)

  • Portada da publicación da Peza do Mes de marzo do Museo Arqueolóxico de Ourense.
Peza do mes: Gravado sobre cerámica. Baños de Río Caldo (Lobios, Ourense)
sábado, 1 marzo, 2025 a luns, 31 marzo, 2025
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Peza do mes: Gravado sobre cerámica. Baños de Río Caldo (Lobios, Ourense)

Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes aos fondos do Museo

A presentación pública terá lugar o 12 de marzo ás 20:00 h, na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, dos arqueolóxicos) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

A peza protagonista deste mes é un fragmento cerámico que aparece nas escavacións de 2023 na mansio romana dos Baños de Río Caldo, en Lobios, nunha construción residencial de uso continuado do espazo entre os séculos II e IV d.C.

O fragmento, de 7,1 x 9,5 cm pertence a unha xerra ou ola de pasta alaranxada na que destaca un gravado postcocción co enigmático termo “Ogeresibus”, tamén presente noutra peza atopada no mesmo contexto en 1989, e que supón un interesante desafío de interpretación e de contextualización, relacionando toponimia e culto relixioso.

A publicación virtual sobre esta peza está dispoñible neste enlace do Museo Arqueolóxico de Ourense, onde se pode afondar sobre as súas características, cunha descrición máis pormenorizada, a reflexión sobre o significado da inscrición ou o contexto arqueolóxico no que se levou a cabo o achado, nun estudio a cargo, neste caso, de Juan Manuel Abascal Palazón, David Pérez López e Celso Hugo Barba Seara.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

MEMORIA DEMOCRÁTICA, FEMINISTA, LABORAL. Xornadas
12 de marzo a 10 de abril
Centro Galego de Arte Contemporánea
Os temas da arte: Tirando do fío
2 de abril a 28 de maio
Museo de Belas Artes
Premio Simbad para o recordo e o Alzhéimer
25 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal