Evento: Peza do mes: Aixola de seixo. Outeiro de Cavaladre (Muíños, Ourense)

  • Portada da publicación da Peza do Mes de outubro do Museo Arqueolóxico de Ourense.
Peza do mes: Aixola de seixo. Outeiro de Cavaladre (Muíños, Ourense)
martes, 1 outubro, 2024 a xoves, 31 outubro, 2024
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Peza do mes: Aixola de seixo. Outeiro de Cavaladre (Muíños, Ourense)

Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento dos fondos do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

A presentación pública terá lugar o 9 de outubro ás 20:00 h, na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, dos arqueolóxicos) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

As manifestacións megalíticas e tumularias da Baixa Limia son ben coñecidas gracias ós traballos do autor da presente «peza do mes», quen ten dirixido escavacións e prospeccións no espazo do parque natural da Baixa Limia-Serra do Xures. Precisamente foi no transcurso dunha prospección arqueolóxica no que se ten producido o achado na superficie dun dos túmulos do Outeiro de Cavaladre (Muíños, Ourense) dunha aixola de seixo (aixola de seixo da mámoa M4).

Que se trate dunha aixola e feita sobre seixo, aumenta o interese desta peza, xa que, por unha banda, estas son pezas escasas no rexistro galego, e por outra, a súa elaboración en seixo, xa que é o segundo caso coñecido no noroeste ata de agora.

Funcionalmente, empregaríanse no traballo da madeira: labores de deforestación, construción de valados, cabanas, mangos para as ferramentas; así como se usarían en labores agrícolas como a sementeira e outros coidados da terra de labor..

A publicación virtual sobre esta peza está dispoñible neste enlace do Museo Arqueolóxico de Ourense, onde se pode afondar sobre as súas características, cunha descrición pormenorizada, a reflexión sobre as súas funcionalidades, a súa clasificación, ou o contexto arqueolóxico no que se levou a cabo o achado, nun estudio a cargo, neste caso, de José María Eguileta Franco.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

CURSO "OS TEMAS DA ARTE"
8 de outubro a 17 de decembro
Museo de Belas Artes
CICLO DE CONFERENCIAS DE OUTONO
15 de novembro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
CICLO DE CONFERENCIAS DE OUTONO
28 de novembro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense