Evento: Coloquio Galego de Museos Locais

Coloquio Galego de Museos Locais
venres, 14 novembro, 2025 a sábado, 15 novembro, 2025
Museo do Pobo Galego,
Santiago de Compostela

Coloquio Galego de Museos Locais

O futuro dos museos en comunidades en cambio constante.

O evento, que contará cunha ducia de museos participantes, enmárcase nos actos conmemorativos do 20º aniversario do Instituto de Estudos das Identidades (IEI) e ten como base o lema escollido polo ICOM (Consello Internacional de Museos) para a edición deste ano do Día Internacional dos Museos, “O futuro dos museos en comunidades en constante cambio”. A idea é impulsar a adaptación dos museos e as comunidades das que forman parte ao dinamismo dun mundo cambiante marcado polas transformacións tecnolóxicas, sociais e medioambientais.

A entrada será libre até completar capacidade.

PROGRAMA

VENRES, 14 DE NOVEMBRO

9:30-10:00 Recepción de participantes 

10:00 Acto inaugural

10:30-11:00 Relatorio Fátima Braña

11:00-11:30 Rolda de presentación dos museos intervenientes

11:30- 12:00 Descanso

12:00-13:30 Debate: coleccións e representacións. Modera: Aurelia Balseiro (Museo Provincial de Lugo)

      Museo da Terra de Melide 
      Museo Casa do Patrón – Doade (Lalín)
      Museo do Mar da Guarda
      Palloza Museo Casa do Sesto (Piornedo) 

13:30-16:00 Descanso para xantar por libre

16:00-16:30 Relatorio Xerardo Pereiro

16:30-18:00 Debate: xestión, boas prácticas, retos de futuro. Modera: Celina Pinto (Museu da Terra de Miranda) 

      Museo da Limia (Vilar de Santos) 
      Museo das Mariñas (Betanzos)
      MUVICLA – Trasliste (Láncara)
      GALP / REMA: Rede de Espazos Museísticos Atlánticos 

18:00-18:30 Presentación do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) 

SÁBADO, 15 DE NOVEMBRO

10:00-10:30 Relatorio Xosé Carlos Sierra Rodríguez

10:30-12:00 Debate: educación e difusión. Modera: Xosé Manuel González Reboredo (Museo do Pobo Galego)
     Museo da Fonsagrada 
     Museo da Capela (As Neves)
     Museo Liste (Vigo)
     Museo da Escola e a Infancia (A Pobra de Trives)

12:00-12:30 Descanso

12:30-13:15 Actividade participativa: debate en pequenos grupos

13:15-14:00 Conclusións. Modera: Lois Ladra (Museo do Pobo Galego)

14:00 Acto de clausura

Máis información: info@museodopobo.gal

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: renovación e modernidade
15 de outubro a 17 de decembro
Museo de Belas Artes
Toponimízate 2025
6 de novembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
14 de novembro
Centro sociocultural
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo para o outono
1 de outubro a 31 de decembro
Museo Liste Vigo