Evento: O escultor Francisco Asorey

O escultor Francisco Asorey
mércores, 19 xuño, 2024 - 19:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

O escultor Francisco Asorey

Conferencia a cargo da profesora doutora Maribel Iglesias Baldomero organizada pola Agrupación Cultural O Galo

Cedemos o espazo á Agrupación Cultural O Galo para realizar a palestra "O escultor Francisco Asorey" e a explicación in situ do monumento a San Fancisco a cargo da profesora doutora Maribel Iglesias Baldomero.

En primeiro lugar, fará un percorrido pola produción do escultor cambadés e a continuación, explicará o monumento a San Francisco diante da propia escultura, unha das máis significativas do artista, situada a uns 80 metros da biblioteca Ánxel Casal.

Maribel Iglesias Baldomero nace en Caracas en 1964, filla de emigrantes galegos que instálanse en Santiago cando volven. Licénciase en Xeografía e Historia e primeiro traballa no IES Ramón Cabanillas de Cambados. Logo de aprobar as oposicións a profesora de secundaria, consegue o destino definitivo no IES Francisco Asorey desa vila.

É unha das estudosas que mellor coñece ao escultor Francisco Asorey, feito que se aprecia no seu estudo Francisco Asorey, escultor galego, editado a partir da súa tese de Doutoramento, defendida na USC en 2016.

Interésalle a historia local e difundila entre o seu alumnado: ir do particular ao universal. Dentro desta liña atópase Cambados, 100 anos de historia a través da fotografía (2005), un traballo que realizou xunto ao alumnado e compañeiras e compañeiros do centro educativo e que obtivo un premio á innovación educativa da Xunta de Galicia. A este seguíronlle os libros Ramón Cabanillas, Biografía en imaxes (2008), polo que acadou o IX Premio Cabanillas. A súa última publicación, Pazo de Fefiñáns. Historia e Arte (2021), tamén responde á súa teima de espallar o patrimonio de Cambados, contribuíndo deste xeito a que este se respecte, active e conserve.

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: Tirando do fío
2 de abril a 28 de maio
Museo de Belas Artes
Peza do mes: Cáliz tardogótico
1 de maio a 31 de maio
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación do libro “Reflexiones de un felino en el aire”
20 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Presentación libro
31 de maio
Biblioteca Pública de Ourense