Evento: Proxecto museográfico do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. O edificio

  • Portada da publicación da Peza do Mes de febreiro do Museo Arqueolóxico de Ourense
Proxecto museográfico do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. O edificio
luns, 5 febreiro, 2024 a xoves, 29 febreiro, 2024
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Proxecto museográfico do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. O edificio

Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

A presentación pública terá lugar o 14 de febreiro na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

De xeito especial, o Museo, en vez de escoller algunha peza de entre os seus fondos para singularizala, continúa coa iniciativa comezada o mes de decembro, e facendo unha magnífica síntese, de dar a coñecer o contido e percorrido polo seu novo proxecto museográfico, centrándose nunha das súas Áreas Temáticas. Despois das Áreas do Territorio e a Cidade, este mes céntrase na Área dedicada ao Edificio.

 

Tras varios anos, arranca a tan necesaria renovación do museo, mellorando as condicións de exposición, conservación e divulgación dos bens que custodia.

En estreita relación co proxecto arquitectónico, desenvólvese a explicación do discurso expositivo, tendo en conta que a misión do Museo Arqueolóxico Provincial é dar a coñecer o proceso histórico do seu territorio de referencia, a provincia de Ourense, a través dos bens culturais que integran as súas coleccións. Para iso, a exposición permanente eríxese como principal medio de comunicación dos seus contidos e punto de encontro entre o visitante e a propia institución. Trátase de interpretar a historia de  Ourense a través dun itinerario cronolóxico e temático, integrando os restos  arqueolóxicos do solar e do propio edificio como un marco de extraordinario valor arquitectónico.

A sede do museo é un edificio excepcional, a partir do que se pode reconstruír gran parte da historia

de Ourense, e forma parte singular no desenvolvemento do discurso do novo museo, como non podía ser doutro xeito. O edificio é expoñente de varios procesos evolutivos ao longo da historia, que se detallan nesta edición da peza do mes.

Ante esta riqueza e complexidade arquitectónica, foi unha necesidade o dar resposta ás interrogantes dos espazos, e poñer en valor o propio edificio e os restos arqueolóxicos do soar, tratándoos como obxectos museables en si mesmos, sen prexuízo do resto dos servizos. Por isto, o equipo do Museo trasladou as súas propostas aos redactores do Proxecto arquitectónico, de tal forma que o resultado está chamado a potenciar os valores arquitectónicos e arqueolóxicos do edificio existente, favorecendo o diálogo entre a obra antiga e a recente.

De xeito máis pormenorizado trátase todo este desenvolvemento na publicación da peza do mes de febreiro, e tratarase tamén na súa presentación pública do 14 de febreiro.

Neste caso, a persoa que elaborou o texto foi o director do Museo, Xulio Rodríguez González, e está dispoñible nesta ligazón.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello