Evento: Xornadas científicas: Isaac Díaz Pardo
Xornadas científicas: Isaac Díaz Pardo
O Museo de Belas Artes da Coruña, no marco da exposición temporal "A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo", organiza unha xornada científica que reúne unha serie de especialistas cos que poder analizar e afondar no coñecemento da figura de Isaac Díaz pardo desde un punto de vista actualizado e interdisciplinar.
Trataranse os temas que foron claves na súa traxectoria artística e vital que, ademais, son os que recolle a propia exposición: desde os aspectos estilísticos e formais da súa pintura, xunto coa influencia de Arxentina e o exilio republicano galego, ata o papel que ocupou na recuperación da tradición e a memoria nese gran proxecto industrial e integrador das artes como foi a fábrica de Sargadelos e a creación do Laboratorio de Formas de Galicia.
A inscrición é posible ao través desta ligazón do museo.
O programa é o seguinte:
XOVES, 23 DE OUTUBRO
10:00 h. Presentación da xornada (representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xunventude, comisario da exposición e directora do Museo de Belas Artes da Coruña)
10:30 h. "Díaz Pardo da Magdalena a Sargadelos". Ramón Villares (Universidade de Santiago de Compostela)
11:30 h. Pausa/café
Bloque 1. A pintura de Isaac Díaz Pardo.
12:00 h. "A pintura como arte. Do patrocinio clasicista á mirada como forma de linguaxe". Mª Victoria Carballo Calero (Universidade de Vigo)
13:00 h. "Utopía da memoria amorosa na vangarda da barca de Isaac Díaz Pardo. Ollar libertario en espidos integrais". Carmen Blanco (Universidade de Santiago de Compostela)
14:00 h. Xantar
Bloque 2. A cidade de Bos Aires e os artistas no exilio
16:00 h. "Isaac Díaz Pardo, unha secreta pedagoxía de liberdade". Xosé Luis Axeitos (Real Academia Galega)
17:00 h. "Protagonistas do exilio español en Arxentina". Yolanda Guasch Marí (Universidad de Granada)
18:00 h. Pausa/café
18:30 h. "A forxa dun proxecto cultural para Galicia desde a emigración Arxentina: Isaac Díaz Pardo en Magdalena (1955-1968)". Ruy Farías Iglesias (Universidad de Buenos Aires)
VENRES, 24 DE OUTUBRO
Bloque 3. A identidade galega e a integración das artes. Sargadelos e o Laboratorio de Formas
10:00 h. "Isaac como empresario republicano e Sargadelos como proxecto industrial fundamentado nunha historia universal de Galicia". Lourenzo Fernández Prieto (Universidade de Santiago de Compostela)
11:00 h. "A cerámica e a súa evolución identitaria desde o Castro a Sargadelos". Inmaculada Real López (Universidad Complutense de Madrid)
12:00 h. Pausa/café
12:30 h. "A vangarda das formas. Obra cerámica de Isaac Díaz Pardo". Fernando Arribas Arias (Doutor en Humanidades pola USC)
14:00 h. Xantar
16:00 h. "Isaac e a integración das artes. Arquitectura e deseño". Mesa de arquitectos presentada por Xosé Díaz (Comisario da exposición):
- "A arte de emprender". Luis W. Muñoz Fontenla (Universidade da Coruña)
- "A Arquitectura de Isaac Díaz Pardo no rueiro de Sargadelos". Daniel Beiras García-Sabell (Xefe do Servizo de Arquitectura da Deputación Provincial da Coruña)
17:30 h. Coloquio e fin da xornada