Evento: Prevención das adiccións sen substancia na infancia e na adolescencia
Prevención das adiccións sen substancia na infancia e na adolescencia
Cedemos o espazo para a realización da charla formativa Prevención das adiccións sen substancia na infancia e na adolescencia. Asistirán como poñentes a psicóloga e profesora Patricia Gómez Salgado e o profesor Antonio Rial Boubeta, que nos falarán sobre as adiccións sen consumo na adolescencia, as novas tecnoloxías e os videoxogos.
Patricia Gómez é profesora na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Doutora en Psicoloxía, Máster en Xestión e Dirección de Centros de Servizos Sociais, Máster en Saúde Pública, Especialista en Educación Emocional e Especialista en Evaluación de Medicamentos e Tecnoloxías Sanitarias. A súa actividade docente céntrase na metodoloxía de investigación, a prevención das condutas adictivas, a ciberconvivencia, a sexualidade e o xénero. O foco da súa investigación sitúase na detección precoz e a prevención de condutas adictivas con e sen substancia entre menores, con especial fincapié no uso problemático de Internet e as redes sociais. Ten participado en máis de quince proxectos e publicado máis de 40 artigos en revistas internacionais.
Antonio Rial é profesor e investigador da Universidade de Santiago e un dos principais referentes en España no ámbito da Prevención. É autor de máis de 150 artigos en revistas científicas de impacto internacional, como Psychiatry Research, Computers in Human Behavior, Addictive Behaviors, Journal of Gambling Studies ou Cyberpsyhology. Dirixiu 21 tesis doutorais e é miembro do Alto Comisionado da UNESCO para la loita contra o acoso escolar e o ciberacoso a nivel mundial. Dirixiu o Estudio sobre Infancia, Adolescencia y Bienestar Digital (https://infanciadigital.es/), levado a cabo por UNICEF cunha mostra de 100.000 adolescentes de toda España, que á a día de hoxe un dos traballos científicos máis importantes do mundo neste ámbito. Formou parte do Comité de Expertos creado polo Goberno de España para a elaboración da Lei de Protección dos Menores no Entorno Dixital e, máis recentemente, do equipo de traballo creado pola Xunta de Galicia, para a elaboración do Plan de Benestar Dixital.
No salón de actos. Sesión aberta ao público con inscrición gratuíta previa neste enderezo electrónico: formacion.alborada.org


