Fóra de serie

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Manas

Manas conta a historia de Marcielle, unha nena de 13 anos da Illa de Marajó, que non logra ser escoitada nun mundo que silencia a violencia contra mulleres e nenas. Demasiado pronto, esperta ás dores que atravesan á súa familia desde hai xeracións. Cando Tielle decide tomar as rendas do seu propio destino, cambia para sempre a maquinaria da realidade que lle foi imposta.

Galego

Adiós Cuba

Caridad, unha directora de teatro cubana exiliada en Valencia, empéñase en montar unha obra sobre o éxodo de cubanos da Illa. Para iso proponse dialogar con mulleres e homes que, desde distintos confíns, lle contan as súas experiencias; todas, con risco para as súas vidas.

Con eses testemuños dialogados, proponse desenvolver unha posta dinámica en escena que nos leve á emoción, á dor e por momentos ata ó riso, porque ata nos peores momentos hai espazo para rir.

Galego

Presentación caderno 'O destino como forma'

O Caderno FICBUEU #6, analiza, en diálogo cos cinco títulos que conforman a retrospectiva, a relación existente entre o concepto de exilio e o mundo da imaxe audiovisual. Este ensaio constrúese afondando nos procesos de busca e reflexión de dúas mulleres poetas e creadoras, a actriz María Luisa Elío e a filósofa María Zambrano. Ao mesmo tempo, analiza a forma en que determinadas autoras e autores asumen o proceso creativo, esencialmente, como unha vivencia.

Galego

Casablanca

Inicios dos anos 40 en Casablanca, Marrocos. Niño de espías, o heroe da resistencia Victor Laszlo intenta fuxir da Gestapo xunto coa súa parella Ilsa Lund. A súa única esperanza parece ser un antigo amante desta, un cínico expatriado americano que rexenta o Rick’s Café.

Galego

Blue Moon

Segundo biopic atípico de Linklater no mesmo ano, centrado na figura do letrista Lorenz Hart, creador de temas como My Funny Valentine ou o Blue Moon do título, convertidos en clásicos do cancioneiro popular norteamericano. É a noite do 31 de marzo de 1943. Mentres o seu excompañeiro Richard Rodgers goza da gala de estrea do seu musical Oklahoma!, un Hart abatido, que se sente fóra de onda e irrelevante no artístico, acode antes de que remate o espectáculo ao bar Sardi’s, onde se celebrará a festa da premiere.

Galego

Nouvelle Vague

Segue as circunstancias da produción da mítica ópera prima de Jean-Luc Godard, Al final de la escapada, sen obsesionarse pola reconstrución da rodaxe secuencia a secuencia, nin caer nas trampas do biopic haxiográfico. Cun punto didáctico, pero nunca enciclopédico, ante todo Nouvelle Vague é o retrato dunha xeración de cineastas que cambiou a sétima arte con altas doses de traballo duro e paixón.

Galego

Breathless

“O 28 de novembro de 2023 conducín desde a miña casa en Pine Flat, California, cruzando a montaña Great Western Divide, ata a parte alta do río Kern. Fun filmar unha árbore. As follas eran de cor laranxa. En poucos minutos comezaron a suceder cousas que non planeara. Pensei: "Merda". Nos últimos anos, varios incendios forestais arrasaron esta zona. O que estaba a suceder debíase a iso. Empecei a gravar. E entón atacáronme desde o aire. Xogos de guerra.

Galego

Crónica de un amor efímero

Unha nai solteira e un home casado convértense en amantes. Comprometéronse a verse só para unha aventura e a non ter ningunha esperanza de amor, conscientes de que a relación non ten futuro. Con todo, cada vez sorpréndense máis polo seu entendemento, a súa alquimia e o pracer de estaren xuntos…

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Fóra de serie