Zinzindurrunkarratz
Cara ao inicio de Zinzindurrunkarratz, Oskar Alegria alude á técnica xaponesa do kintsugi, que remenda pezas de cerámica con ouro, eloxio ás cicatrices do obxecto, para introducir a lóxica que percorrerá este diario filmado que pecha unha triloxía sobre a memoria. Facendo uso dunha vella cámara súper 8 de seu pai que xa non captura audio, recuperará algunhas das escenas da súa infancia e creará outras cun dispositivo que o obriga a producir imaxes xordas, complementándoas cunha gravadora que rexistra sons cegos.

