Fóra de serie

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

La hora de la estrella

Macabéa é unha moza orfa que se lanza ao mundo aos 19 anos. Analfabeta, inxenua e virxe, deixa o nordeste de Brasil para probar sorte en São Paulo. Alí afronta as súas primeiras experiencias profesionais, o primeiro amor e as predicións da vidente, unha colisión de mundos que sela o seu destino.

Oso de Prata na Berlinale e mellor actriz para Marcélia Cartaxo. Restaurada en 4K.

Galego

Paradise is Burning

Laura, Mira e Steffi, tres irmás de entre 7 e 15 anos, apáñanse elas soas tras o abandono da súa nai, pero cando os servizos sociais empezan a interesarse pola súa situación, a maior delas buscará unha substituta da figura materna.

Curiosa película de ritos de iniciación na adolescencia que subverte as convencións do xénero e que foi unha pequena sensación en festivais. Mellor dirección na sección Orizzonti de Venecia e mellor ópera prima no BFI London Film Festival, entre outras distincións.

Galego

Jacquot de Nantes

Tributo de Varda ao seu finado marido. Parella súa ata o seu falecemento, a autora presenta unha evocación e recreación da súa infancia. Fascinado polas artes e o espectáculo (teatro, cine, monicreques, opereta) merca unha cámara e fai un filme afeccionado, ao tempo que crece nun taller no que a todos lles gusta cantar. Filmada en Nantes e á beira do Loira, esta deliciosa película foi presentada na Selección Oficial de Cannes 1991.

Galego

O noso día

Durante un día de verán en Seúl, a actriz Sangwon instálase na casa da súa boa amiga Jungsoo e o seu gato, Mío. Alí, reencóntrase coa curmá Jisoo, que desexa comezar unha carreira na interpretación seguindo os seus consellos. Paralelamente, ao outro lado da cidade, o poeta Hong está tentando deixar, con moita dificultade, o alcol e o tabaco, ao tempo que recibe a visita de dous estudantes que teñen preguntas moi serias sobre a vida e a arte. Mentres o día avanza, as conversas flúen e se comparten os pequenos praceres cotiás, van xurdindo as casualidades.

Galego

Las señoritas de Rochefort

Delphine e Solange son dúas irmás que viven en Rochefort e que se dedican á música: profesora de danza e pianista. As relacións con dous simpáticos bohemios e un famoso pianista, Andy Miller (Gene Kelly), protagonizan este tenro musical cheo de cancións que, con sutileza, se afasta do modelo estadounidense, vindicando a autoría do seu persoal creador.

Galego

In water

Na paradisíaca illa de Jeju, un actor mozo, Seoungmo, decide poñer a proba a súa creatividade: dirixe unha curtametraxe coa axuda de dous antigos compañeiros de clase: Namhee será a actriz protagonista e Sangguk encargarase da fotografía. Mentres deambulan pola costa en busca de inspiración, Seoungmo albisca unha muller na praia e achégase a falar con ela. Este singular encontro e unha afastada canción de amor vano inspirar na rodaxe do seu filme.

Galego

Los paraguas de Cherburgo

Palma de Ouro en Cannes 1964, nomeada a 4 Oscar, unha fermosa historia amorosa estruturada en partida, ausencia e regreso, que figura nos anais por ser un relato de protagonismo coral enteiramente cantado. Geneviève, unha moza de 16 anos vive con súa nai viúva, que posúe unha tenda de paraugas en Cherburgo. Namorada dun mecánico, Guy, con quen quere casar, os desacordos e un inesperado embarazo fan que case cun rico herdeiro, Roland, pero o amor por Guy segue presente.

Galego

Showing Up

Lizzy é unha escultora que se prepara para inaugurar a súa próxima exposición. A pesar de ter o tempo xusto, debe lidar cun corte de auga na súa casa, cunha caseira e cunha veciña (tamén artista) que ten outras prioridades; vese coidando involuntariamente dun paxaro ferido; séntese na obriga de comprobar que o irmán, cunha saúde mental preto do colapso, se atopa ben; intenta manter viva a relación cun pai estrambótico e ausente; e preséntase ao traballo nun centro de arte con evidentes signos de esgotamento. Con todo isto por diante, será quen de realizar a entrega a tempo?

Galego

Las margaritas

Mentres toman o sol, dúas rapazas propóñense adaptarse sen dificultades á corrupción do mundo. A transformación leva a unha acertada colaxe de momentos excepcionais onde Marie I e Marie II practican o máis próximo ao seu concepto do mal. Un dos títulos checos míticos da época, unha narración desenfreada, trepidante, ácida, chea de humor hilarante e trazos próximos ao absurdo, que amosa dúas mulleres nun mundo de homes, dirixida ademais por unha das máximas representantes da ironía da Nova Vlná checa.

Galego

Música

Abandonado ao nacer nas montañas gregas unha noite de treboada, Jon é adoptado por uns granxeiros, sen chegar a coñecer os pais biolóxicos. Anos despois, tras ser encarcerado como responsable dun accidente mortal, Jon coñece a Iro, celadora da súa prisión. Ela parece procurar a súa presenza, coida del, grávalle música e establécese entre eles unha unión moi forte. Mais Jon comeza a perder visión progresivamente… Desde ese intre e malia os obstáculos, comezará a vivir a súa vida con toda plenitude.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Fóra de serie