The Human Hibernation
España, 2024
Dirección: Anna Cornudella. Reparto: Clara Muck Dietrich, Neil O'Neil, Valentine
Sinopse: Unha muller esperta da hibernación mentres o seu irmán segue durmindo.
España, 2024
Dirección: Anna Cornudella. Reparto: Clara Muck Dietrich, Neil O'Neil, Valentine
Sinopse: Unha muller esperta da hibernación mentres o seu irmán segue durmindo.
Cara ao inicio de Zinzindurrunkarratz, Oskar Alegria alude á técnica xaponesa do kintsugi, que remenda pezas de cerámica con ouro, eloxio ás cicatrices do obxecto, para introducir a lóxica que percorrerá este diario filmado que pecha unha triloxía sobre a memoria. Facendo uso dunha vella cámara súper 8 de seu pai que xa non captura audio, recuperará algunhas das escenas da súa infancia e creará outras cun dispositivo que o obriga a producir imaxes xordas, complementándoas cunha gravadora que rexistra sons cegos.
En Mumbai, a rutina da enfermeira Prabha altérase cando recibe un agasallo inesperado do seu marido, do que está distanciada. A súa nova compañeira de cuarto, Anu, tenta en balde atopar un lugar na cidade para ter intimidade co mozo. Unha viaxe a unha vila costeira permítelles achar un espazo para que os seus desexos se manifesten.
É posible viaxar dúas veces ao mesmo recordo? O cineasta constrúe unha cabana de madeira nunha beira apartada do río preto da illa onde xogaba na súa infancia, hoxe asolagada pola construción dun encoro que deixou a terra invisible. As árbores da illa permanecen, con todo, aínda en pé, como mastros dun xoguete roto no medio da auga. O aire entre os troncos será o único espazo posible para revivir o pasado.
A correspondencia entre dous amantes separados por miles e miles de quilómetros serve á directora de La luz que imaginamos para compor unha fermosa homenaxe ao sistema educativo indio, un sistema con graves sinais de precariedade e desprotección. Ollo de Ouro ao Mellor Documental na Quincena de Realizadores de Cannes 2021.
A sombra do obxectivismo antropolóxico persegue un torpe director que experimenta metodolóxica e formalmente ao redor do acto obsceno de rodar poboacións nativas na localidade máis setentrional.
Alí, Robert Peary, explorador norteamericano, pensou hai máis de 100 anos que a única maneira de que un ser humano alcanzase o Polo Norte sería ter fillos con inuits para crear unha súper-raza que axuntase a fortaleza esquimó e a clarividencia do occidental.
Tras os pasos desta extravagante teoría camiña este ensaio fílmico en busca desa súper-raza.
Rama acode como parte dun xurado popular ao proceso de Laurence Coly, acusada de matar o seu fillo de ano e medio. Recoñecendo os feitos, a muller di ser inocente, alegando que estaba maldicida no momento de cometer tan atroz acto. As distintas intervencións e probas presentadas van desvelando unha realidade máis complexa, sen que Rama poida decidirse sobre a súa culpabilidade.
Despois de que John, un neno de 13 anos, atrape a súa familia nun buraco no chan, desenvólvese un desesperado xogo de supervivencia neste inquietante thriller psicolóxico.
Pequena sensación indie no cinema de xénero, que conquistou festivais como Sundance e Cannes. Tras a cámara, o ferrolán Pascual Sisto; foi recoñecido como director emerxente nos certames de Deauville e Palm Springs.
1901, o aventureiro e operador dos irmáns Lumière Gabriel Veyre desembarca no País de Nour cun contrato de tres meses para introducir o Venerable Sultán nos misterios do cinematógrafo. Unha ilusión fantasmagórica, humorística e aterradora pero debidamente científica sobre os pioneiros do cinema.
Presentacíón e coloquio: Javier Rebollo.
Anne, unha brillante avogada que vive co esposo Pierre e as fillas, establece gradualmente unha relación apaixonada con Theo, o fillo de Pierre dun matrimonio anterior, e pondo en perigo a carreira e a vida familiar.