Día de Rosalía

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Rosalía no son e na voz de Amancio Prada

Como chove muidiño, A xusticia pola man ou Campanas de Bastabales son algúns dos poemas que soarán no salón de actos da Real Academia Galega, a partir das 19.30 horas.

Baixo o título Rosalía no son e na voz de Amancio Prada, o acto é un agasallo do músico berciano no día do aniversario do nacemento de Rosalía (Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1837-Padrón, 15 de xullo de 1885), figura clave do Rexurdimento.

Galego

Homenaxe a Rosalía e José Afonso

A Fundación Rosalía comeza os actos do Día de Rosalía cunha homenaxe á poeta e a José Afonso (que morreu o 23 de febreiro de 1987). Os actos terán lugar no auditorio da Casa de Rosalía:

18.00h: Conferencia: “Minho / Galiza – 2.000 anos de mãos dadas”, de Eduardo Pires de Oliveira.

19.00h: Concerto do grupo Canto D´Aqui (Braga) con repertorio de José Afonso e Rosalía.

Galego

Coñece a Rosalía de Castro

Celebramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro cun obradoiro dramatizado sobre a grande escritora galega. Rosalía sae dos libros para levarnos a un mundo cheo de palabras e poesía a través de xogos de creación literaria. Un xeito divertido, vivencial e inesquecible de coñecer a Rosalía que ri, que xoga e que canta a Galicia.

Para nenos e nenas de máis 5 anos.

Entrada libre.

Galego

Ilustrando a Rosalía

Partindo da lectura dun poema de Rosalía de Castro, as rapaces e rapazas comentarano e traducirano a imaxes a través dunha ilustración.  Os participantes fan tamén un mural conxunto.  

Técnica: recortables, debuxo, pintura. 

Actividade que se realiza coa Escola Lucense de Tempo Libre.

Sala Multiusos para 20 nenos e nenas de 4 a 12 anos. 

 

Galego

A viaxe de Rosalía

A protagonista desta produción é Rosalía de Castro. 
 
Utilizando monicreques de mesa e as ferramentas da narración oral tradicionais, danse a coñecer pasaxes da vida e algúns dos poemas de Rosalía, da man da actriz e titiriteira Larraitz Urruzola.

Xogando a crear atmósferas poéticas, situacións que xorden da transformación dos obxectos e espazos, contribuíndo a iniciarse no mundo da poesía, dos contos e do teatro a través da inventiva, da creación efémera e espontánea.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Día de Rosalía