Día de Rosalía

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Rosalía

Seguimos celebrando á figura de Rosalía con este Obradoiro de gravado en punta seca para persoas adultas. Homenaxeamos a Rosalía da Castro á vez que aprendemos esta técnica con Xosé Poldras. 

Inscricións dende o venres 13 de febreiro chamandos aos números de teléfono  988 788 385 / 386 ou ben presencialmente. 

Actividade pensada para persoas adultas.

Galego

Rosalía

Este sábado teremos un obradoiro arredor da figura máis sobranceira da nosa literatura. 

Actividade para nenas e nenos de 7 a 12 anos. 

Inscrición dende o venres 20 de febreiro ben presencialmente ou chamando aos números de teléfono 988 788385 / 386

Galego

Figueiriñas que prantei

Sesión de contos e obradoiro de debuxo a cargo de Polo Correo do Vento.

Si, para participar normalmente é necesario traer:

  • Papel
  • Algo co que debuxar (lapis, bolígrafo, rotuladores, etc.)

Público familiar

Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Rosalía pequena

Rosalía é unha nena pequena á que lle encanta xogar, debuxar, falar, escoitar, saltar, subirse ás árbores, disfrazarse, escribir….. pero o que máis lle gusta é inventar historias…. Historias de nenas fortes, creativas e rebeldes coma ela…. Historias de mulleres bravas!!!!! Como é a nosa Rosalía pequena…

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Entre Cantares

Selección bibliográfica de distintas edicións dos libros de Rosalía e discos de autores que musicaron os seus poemas, para dar a coñecer a vida e a obra de Rosalía de Castro á infancia.

Sala infantil.

Público familiar.

Galego

Rosalía marabillosa

Celebramos o nacemento da poeta Rosalía de Castro co contacontos ”Rosalía marabillosa” da man de Charo Pita. Poemas e historias da vida de Rosalía de Castro. Mesmo de cando viviu no barrio Maravillas, alá en Madrid.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poderán retirar a súa invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Día de Rosalía