Día de Rosalía

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Ofrenda floral na imprenta Juan Compañel

A AELG en colaboración coa súa base asociativa e, neste caso coa Concellería de Participación Cidadá do Concello de Vigo, está a organizar por toda Galicia lecturas públicas da obra de Rosalía de Castro.

En todos estes actos lerase o tradicional manifesto da AELG, que este ano elaborará a escritora Ledicia Costas.

En Vigo, tras a ofrenda floral na imprenta Juan Compañel, farase un percorrido ata o Centro Cívico, onde se fará unha lectura pública da obra de Rosalía de Castro.

Galego

Presentación do audiovisual e do libro Airiños Aires

Co gallo do Día de Rosalía, Narón acolle diversas actividades entre as que se encontra a lectura pública de textos de Rosalía de Castro na Biblioteca municipal ás 12 horas e, posteriormente, pola tarde a presentación do audiovisual e do libro Ariños Aires, de Xurxo Lobato. Ademais, a  Concellaría de Ensino, Bibliotecas e Normalización Lingüística do Concello de Narón ten programadas varias iniciativas para celebrar o Día de Rosalía. Repartiranse caraveis nas librerías de Narón para agasallar as persoas que nesa data merquen un libro en galego.

Galego

Vídeo-poemas Rosalíate

A Universidade de Vigo convida, dende o Campus de Ourense, a que os membros da súa comunidade universitaria transmitan a importancia da figura de Rosalía de Castro a través de pequenas gravacións de vídeo de 20 segundos na que se recite un pequeno fragmento ou estrofa dalgún poema da autora. Un xurado nomeado pola Vicerreitoría do Campus de Ourense seleccionará os traballos pola súa calidade, orixinalidade e capacidade para visualizar as partes da obra de Rosalía menos populares. Os premios consistirán en lotes de libros, de discos e de elementos publicitarios do campus de Ourense.

Galego

Celebración do 180 aniversario de Rosalía

Homenaxe a Rosalía polo 180 aniversario do seu nacemento en Padrón cunha homenaxe que comeza na estatua do espolón e paseo polas rúas co Caldo de Gloria ás 13 horas. Pola tarde, proxectarase o filme gañador de Curtas para Rosalía 2016 e celebrarse un concerto de Ialma. A tarde de homenaxe remata coa preparación de degustación dun Caldo de Gloria na Casa de Rosalía e posterior foliada polas rúas de Padrón.

Máis información, aquí.

 

 

Galego

Acto literario e musical con Najla Shami

Acto central do Día de Rosalía de Castro no Concello de Ames O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolle o acto central de homenaxe á escritora. A entrada ao acto literario-musical é libre e gratuíta. Hai lecturas, dramatizacións e vídeocreacións con poemas rosalianos e música a cargo da vocalista e compositora, Najla Shami, que no 2013 publicou Na lingua que eu falo. Ademais, dous rapaces do Milladoiro Eric Fungueiriño e Noe Cutrín van a facer unha versión rapeada do poema rosaliano A xustiza pola man.

Galego

Homenaxe a Rosalía de Castro

O Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Asociación Cultura Eira Vella e coa participación do alumnado do CEIP Francisco Vales Villamarín, do IES Francisco Aguiar e mais a Asociación Cultural A Fuliada, realiza o acto de homenaxe a Rosalía de Castro, nun acto que presentará Isabel Risco e pechará Najla Shami.

Galego

Presentación da Revista de Estudos Rosalianos

Na véspera do 180º aniversario de Rosalía de Castro desenvolveranse en Rianxo actos en honra.

Ás 19.30 horas, diante do monumento de Rosalía no Paseo da Ribeira ten lugar unha lectura pública, intervención de autoridades e ofrenda floral. Intervención musical a cargo de Sabela Galbán Rodríguez Rianxeira, Oli Xiráldez, Gustavo Couto Rodríguez e Alberto Pires. Artesán de Gaitas Galegas. interpretando a "Alborada de Rosalía"

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Día de Rosalía