Rosalíate
Homenaxe con poesía e participación de Afra Torrado, Antón Blanco, Iria Alejandra Pazos, Lucía Novas, Malvares de Moscoso, Genaro da Silva, Pablo Rodríguez e Tamara Andrés. Completa esta homenaxe o concerto poético de CintaAdhesiva.

Homenaxe con poesía e participación de Afra Torrado, Antón Blanco, Iria Alejandra Pazos, Lucía Novas, Malvares de Moscoso, Genaro da Silva, Pablo Rodríguez e Tamara Andrés. Completa esta homenaxe o concerto poético de CintaAdhesiva.
El Patito Editorial vén de rematar a súa colección de poesía completa de Rosalía ilustrada por artistas do país. Para conmemoralo a editora celebra durante este mes unha exposición na Galería Sargadelos de Santiago cunha escolma destes ilustradores: Fausto, Pepe Barro, Álvaro de la Vega, Manolo Figueira e Xurxo Alonso. O último libro, En las orillas del Sar, será presentado o día 21 ás 19:30 na propia Galería, nun acto poético e musical que tamén servirá para lembrar a Fran Pérez, Narf, recentemente falecido.
Na exposición, que segue a súa itinerancia por Galicia, Xurxo Lobato fai unha homenaxe a Rosalía de Castro con 50 fotografías nas que describe unha xeografía vital da escritora.
A principal finalidade desta iniciativa, organizada pola Fundación Rosalía e a Obra Social La Caixa, é transmitir ao público o coñecemento dunha das figuras clave das letras galegas e da proxección dos valores da nosa cultura.
No 180 aniversario do seu nacemento, Adeus ríos, adeus fontes, quere ser unha homenaxe á grande escritora galega, Rosalía de Castro. A través desta actividade os rapaces mergullaranse na figura desta poetisa a través dalgún dos seus poemas máis significativos. Ao longo do obradoiro os nenos farán unha colaxe onde mesturar as palabras e os termos utilizados por esta figura universal.
Datas: 25 de febreiro
Público: de 7 a 12 anos
Horario: de 17:00 a 18:30 h
Duración: 90 minutos
Prazas: 25
De balde, precisa inscrición no web
O Escape Room é un xogo de aventuras físico e mental no que un grupo de xogadores son encerrados nunha habitación onde deberán solucionar enigmas e crebacabezas de todo tipo para ir desenlazando a historia e conseguir "escapar" antes de que remate o tempo dispoñible.
As e os participantes deben axudar a Rosalía a atopar o seu manuscrito. Teñen 30 minutos para solucionar o enigma. Se non o conseguen quedan pechados na biblioteca para sempre.
Hai dúas oportunidades, ás 18h e ás 19 h, pero non se pode repetir.
Para nenos e nenas de 10 a 14 anos.
Enchemos a Biblioteca con versos de Rosalía, deixámolos nas mesas, nos ordenadores, nos ascensores... para que a súa obra estea entre nós neste aniversario.
Ademais expoñemos un dos seus poemas máis emblemáticos nas fiestras da biblioteca, para que a homenaxe chegue a todas as persoas que pasen pola rúa.
Obradoiro homenaxe a Rosalía de Castro e á poesía. Trátase dunha actividade poético-musical para poñer en valor a súa obra poética xunto coa música. As persoas participantes gozarán cun xogo a modo de concurso televisivo musicando poemas, cantando cancións populares, facendo coreografías e bailando. Todo ante a atenta mirada de Rosalía de Castro!
Para rapazas e rapaces de 8 a 14 anos
Abriráse a inscrición o sábado anterior a actividade
Exposición e mostra bibliográfica sobre o editor vigués e a súa relación literaria co matrimonio Castro-Murguía.
Este concerto forma parte das actividades da Rede Museística Provincial de Lugo para festexar o 179 aniversario do nacemento de Rosalía.
O Concello de Ribadeo súmase as actividades conmemorativas do 179 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro con diversas actividades, entre as que se inclúe esta peza teatral do Grupo de Teatro A.C. Vagalumes.
A continuación, gozarase da actuacion de Puntada sen Fío, en que a poética rosaliana terá relevancia.