Recital poético de lecturas rosalianas
O Concello de Ribadeo súmase ás actividades conmemorativas do 179 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Nesta ocasión, cun recital poético de lecturas rosalianas, da man de Xavier Baixeras.

O Concello de Ribadeo súmase ás actividades conmemorativas do 179 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Nesta ocasión, cun recital poético de lecturas rosalianas, da man de Xavier Baixeras.
Función teatral da compañía Galeatro dentro das actividades de homanenaxe polo 179 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
Rosalía, a rosa de cen follas trátase dunha montaxe teatral que busca achegar ao alumnado de secundaria e bacharelato á vida e obra da nosa máis destacada autora.
Desde “La Flor”, a súa primeira publicación, ata “En las orillas del Sar”, a última; pasando por toda a súa produción, tanto poética como narrativa: “Cantares Gallegos”, “Follas novas”, “La hija del mar”, “El caballero de las botas azules”...
O Concello de Rianxo súmase aos actos de homenaxe ao Día de Rosalía, polo 179 aniversario do seu nacemento, e acolle no Auditorio Municipal a presentación da edición crítica de Follas Novas, de Anxo Angueira, coa participación do autor; de Manuel Bragado, director de Xerais Editora; Xosé Luís Axeitos, mestre e académico da RAG.
Unha hora e media antes, ás 19. 30, farase unha ofrenda florar no monumento de Rosalía que hai no paseo da Ribeira, cun recital do alumnado do IES Félix Muriel.
O Concello de Ames organiza un acto literario-musical para homenaxear á escritora.
O autor Maximino Viaño e a profesora e crítica literaria Dolores Vilavedra lerán varios versos da escritora. Tamén se sumarán a este recital alumnos dos centros públicos de Ames, integrantes do Club de Xubilados de Milladoiro e participantes no taller municipal de lingua e cultura galega.
Entre as distintas lecturas iranse intercalando actuacións musicais a cargo da artista Xiana Lastra, que estará acompañada ao piano por Adrián Saavedra, e polo cantautor punk O Leo i Arremecághona.
A Fundación Rosalía de Castro e o Concello de Padrón celebran o aniversario con diversos actos, entre os que se atopa este concerto de Xardín Desordenado.
Trátase dunha formación musical viguesa cuxo obxectivo é promover a poesía. Na actualidade están a preparar o seu segundo traballo con poemas de autoras contemporáneas galegas e outro con cancións baseadas en textos de Rosalía. Nesta actividade, tamén se presenta a edición crítica de Follas Novas de Anxo Angueira.
Música e poesía para celebrar o 179 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
Actúan a Percusión Infantil do Centro Cultural de Chaín; Wiki Rosalías; Lecras de Drodo; Pandereteiras de Pedra da Garza; e Mínima Son.
Para conmemorar a data de nacemento de Rosalía, 24 de febreiro, farase unha lectura pública da obra de Rosalía de Castro e a creación, posterior, dun mural.
A continuación, ás 21 horas proxectaranse un documental de 30 minutos de duración: 'La mitad invisible: Negra sombra'.
O 24 de febrereiro festéxase o aniversario do nacemento da autora máis universal das nosas letras. Muller culta e propulsora do Rexurdimento, Rosalía de Castro revélase como unha autora que traspasou as fronteiras de Galicia.
Para celebrar esta efémeride, a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña convida a participar a lectura pública da poesía de Rosalía.
O 24 de febreiro celébrase a o 179 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e moitos concellos súmanse á homenaxe colectiva da sociedade a súa escritora máis universal.
No caso de Bueu, o concello faino cun recital poética aberto na sala Amalia Domínguez Búa.
Poden participar todas as persoas que o desexen.
Co motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro, o día 24 de febreiro, organízase unha sesión de contacontos dirixida a nenos e nenas de 4 a 8 anos, que gozarán coas aventuras e trasnadas da pequena Rosalía que toman como punto de partida os poemas de Cantares Gallegos e o contorno natural e patrimonial onde transcorreu a súa infancia.