Atardecer no Gaiás

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Nudozurdo

O directo é o punto forte desta banda sen límites caracterizada por un post-rock hipnótico e letras en castelán. Ao Gaiás chegan baixo o brazo con ‘Rojo es peligro’, o seu cuarto e último disco, unha oda á experimentación.

Galego

Kikagaku Moyo

Da rúa a xiras internacionais. Esta é a historia de Kikagaku Moyo, quinteto xaponés que mestura psicodelia, folk, prog-rock ou folk cunha conexión brutal co público, levándoos a acadar o éxito con discos como House in the Tall Grass.

Galego

Terbutalina

Terbutalina faiche bailar como se te duchases todos os días en augardente. Terbutalina é garage-punk festeiro disparado por cinco asmáticos da costa oeste amantes do tabaco, a praia e o matrimonio entre políticos imputados.

Galego

Hidrogenesse

Pop bizarro, pop populista, art-rock electrónico… Carlos Ballesteros e Genís Segarra son Hidrogenesse, dúo inclasificable que celebrará no Atardecer no Gaiás dezaoito anos animando as pistas de varios continentes.

Galego

Boyanka Kostova

Presume de ser o primeiro grupo de Trap en galego. Mais a súa música é universal e seus os directos unha conexión total na que non poderás deixar de bailar ao son dos seus ritmos hipnóticos e minimalistas e do seu flow costumista.

Galego

Espanto

O pop das cousas pequenas. Así poderíamos definir as letras de Espanto, dúo de Logroño que se convertiu en 2011 nunha das revelacións máis importantes da escena indie. Ao Gaiás traerán ‘Fruta y Verdura’ (2016) e algo de ‘Rock’n Roll’ (2008).

Galego

Manel

O pop folkie de Manel contáxiase de sintetizadores, teclados e ritmos latinos no seu último disco ‘Jo Competeixo’, que presentará en Atardecer no Gaiás xunto cos temas que os colocaron no máis alto das listas nacionais. 

Galego

Músculo!

Atardecer no Gaiás pecha xullo cos sons electrónicos de Músculo!. a banda de Valga que reina coas súas melodías contundentes e bases rítmicas imparables. Pop electrónico con tintes kraut para bailar sen parar

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Atardecer no Gaiás