Atardecer no Gaiás 2017
A banda sonora do verán pona Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos ao aire libre que os xoves, venres e sábados de xullo e agosto nos trae á praza central da Cidade da Cultura as mellores bandas do momento. Esta sétima edición terá un intenso sabor galego, con actuacións en pequeno formato de Triángulo de Amor Bizarro, Malandrómeda, Familia Caamagno, Músculo!, Terbutalina ou Víctor Prieto.