Atardecer no Gaiás

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Concerto de The Lákazans

The Lákazans é unha banda que formalmente comeza polo 2011 con concertos semanais no bar Miudo, lugar onde se forman como banda. O seu repertorio está formado por versións de clásicos do blues, soul, country, rock&roll,... ao que pouco a pouco se foron incorporando temas propios que se moven tamén nese abano de estilos.
A banda está formada por:
Trilli: Batería e percusión
Benja: Guitarra, slide guitar e mandolina 
Almudena:Voz 
Sabela: Voz 
Figui: Armónica
Fran Velo: Baixo
Likal: Batería

Galego

Concerto de Amatria

Amatria é o proxecto persoal do produtor musical ciudadrealeño Joni Antequera. O proxecto nace en Valencia en 2007 e cabalga entre a electrónica e as melodías pop.

Moi ligado ao mesmo está Amatria Disolve; a versión DJ/producer do mesmo.

Galego

Puma Pumku

Puma Pumku é un quinteto revelación de pop psicodélico que chega desde Santiago de Compostela.
O seu primeiro LP, "Is it in you?", nacía nun principio como un proxecto de crowdfounfing, pero a discográfica Matapadre acabou por fixarse neles e agora o disco sae en dúas edicións, unha delas, en forma de vinilo de cores para os mecenas de Verkami.

Galego

Atardecer no Gaiás 2015

Música, solpor e unha atmosfera única. O noso imprescindible do verán xa está aquí. Porque do 2 de xullo ao 29 de agosto volve Atardecer no Gaiás, o ciclo co que a Cidade da Cultura lle pon banda sonora ás tardiñas do verán.  

A praza central é o escenario dun total de 24 actuacións en pequeno formato con grandes nomes. Todos os xoves, venres e sábados, a partir das 21:00 horas,  unha cita do máis refrescante. Porque xa sabes, este verán desexarás que se poña o sol! 

Xullo 2015
Xoves, 2. Puma Pumku.

Venres, 3. Amatria.

Galego

Xuventude Crea: Erick Feles & amigos + Dani Font Dúo + Pi Graos

O Atardecer no Gaiás do 15 de agosto está dedicado aos novos creadores, cunha sesión protagonizada polos tres gañadores do último certame Xuventude Crea.

Erick Feles, músico e compositor venezolano asentado en Galicia debido a súa paixón pola gaita, será o encargo de abrir esta triple actuación coas súas fusións cos diversos estilos musicais que hai no mundo: house, hip hop, dance, electro, dubstep, chill-outo, folk... pero sempre levando a gaita como instrumento emblemático galego.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Atardecer no Gaiás