Atardecer no Gaiás

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Atardecer no Gaiás 2016

A Cidade da Cultura acolle desde o 7 de xullo o ciclo Atardecer no Gaiás, co mellor do indie, pop, rock, electrónica e música clásica do momento. Como xa vén sendo habitual, Atardecer no Gaiás terá lugar todos os xoves, venres e sábados ata o 27 de agosto ás 21h na praza central. 

McEnroe, Novedades Carmiña, Alondra Bentley, Marc Jonson, Os amigos dos músicos, Mucho, The Soul Jacket ou Orquestra de Cámara Galega serán algúns dos protagonistas das 18 actuacións en pequeno formato coas que gozar ao caer o sol.

Galego

Concerto de The Excitements

The Excitements é un grupo de Barcelona que practica un impecable soul sen concesións, que percorreu co seu espectáculo case toda Europa e que son reclamados por deixarse a pel no escenario mentres o público non pode parar de bailar.
De momento, afeccionados abducidos pola relixión do soul e por todos os seus santos van poboando salas e festivais de música negra.

Galego

Concerto de Paracetamol

O trío formado por Cristina Pena, Roque Cameselle e Coque Varela presenta o seu disco Enfermedades Comunes (Rumble Records, 2013), longo producido por Pablo Novoa (Golpes Bajos, Mastretta, Iván Ferreiro) e gravado e mesturado por Javier Abreu e Luis Antelo, formado por once cancións repletas de sons punk, pop e power-pop que lles emparentan con grupos como F.A.N.T.A., Airbag e Blondie, entre outros.

Galego

Concerto de Palito

Desde 2011 dáse a coñecer por todas as salas e vilas de Galicia acompañada pola guitarra e experiencia de Zahori (Javier López de Guereña) e con manoxo de cancións cheas de frescura e enxeño. 
A choiva compostelá baixo a que reside a cantautora pontevedresa inspiran as súas húmidas letras, empapadas de frescura e sorna.

 

Galego

Concerto de Lorena Álvarez y su banda municipal

Lorena Álvarez recupera formas tradicionais da música popular española e actualízaa (a reinterpreta) conseguiu traspasar os límites habituais deste ámbito musical e situalo nun novo contexto, no que a contemporaneidad e a tradición poden ir da man sen complexos.
As súas cancións mesturan sons tradicionais con estruturas sinxelas máis próximas ao pop contemporáneo.  Nelas cóntanos historias comúns, feitos que dunha ou outra forma poderiamos protagonizar no seu lugar.

Galego

Concerto de Za!

Za! é un grupo formado por dúas persoas e máis de dous instrumentos. Soan a varias cousas, todas á vez: baixos grosos e distorsións pesadas, ritmos ancestrais, free-jazz, noise, psicodelia, cantos dos pastores de Tuva, Monty Python, post-rock de capas e capas, drones, electrónica analóxica e todo o que o traia quentiño.

Galego

Concerto de Trepàt

Beben de todas as influencias da cidade de Granada e mestúranas de tal forma que Trepàt soa completamente xenuíno e persoal nun primeiro disco producido e gravado por Raúl Pérez na Mina. En "A Festa Escura" podes atopar desde Parálise Permanente, Derribos Arias ou The Cramps a Enrique Morente nun disco de Rock maiúsculo que lles depara un longo e fructuoso camiño na escena nacional.

 

Galego

Concerto de Is Tropical

Formados en Londres en 2009, o cuarteto viu como en pouco tempo se convertía nunha das bandas novas máis importantes da actualidade.
"Native To", debut publicado en 2011, foi unha grande carta de presentación, unha colección de cancións frescas a medio camiño entre o pop independente e a electrónica.
Co seu terceiro traballo de estudo "Black Anything" conságranse como un grupo máis conceptual e refórzase en formato de cuarteto tras a inclusión definitiva de Kirstie Fleck.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Atardecer no Gaiás