Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Día Mundial da Poesía

Hoxe 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía e queremos celebralo contigo.

Anímaste a subir os teus versos predilectos as nosas reses sociais? Poden ser propios ou doutros poetas.

"Non me gustaban de nena os peluches
e lembran meus pais que non xoguei moito ás bonecas.
Non me deteño a cociñar e na química das quimeras
rocei un xeito de delincuencia xuvenil.
Un xénero feminino algo a desmán das narracións para o ano en que nacín."

Xela Arias, "Darío a diario" (Xerais, 2006)

Galego

Festival da Luz

Concello de Nigrán, Comunidad de Montes e Asociación de Veciños de Chandebrito organizan xunto a asociación 'Galicia Ambiental' a plantación de castiñeiros 'Bosque da luz' este sábado e domingo na parroquia. Un cento de voluntarios inscritos desde toda España participarán neste programa que xurde a través do proxecto 'Arbores de cinza' e que conta co apoio do 'Festival de la Luz' de Boimorto amadriñado por Luz Casal.

Galego

Mercado Xurés

O Concello de Bande celebra unha nova edición do Mercado Xurés no que estarán presentes produtores do parque natural Baixa Limia - Serra do Xurés como cachena, panadería e queixos de Entrimo, embutidos de Puxedo (Lobios), Mel Martínez (Lobeira) e artesanía de Bande.

Galego

Concurso de DJ's Amateurs

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 10 de marzo na Casa da Xuventude.

"O concurso, que terá lugar o 13 de marzo de 2020, de 16:30 a 21:30 horas, consistirá na presentación e actuación de varios DJ's amateurs. Poderán participar un máximo de 15 artistas e se se supera esta cifra serán elixidos segundo estrita orde de inscrición ", dixo a concelleira de Benestar Social e Igualdade e Secretaria de Política Social Ana González Abelleira.

Galego

Holi Life

A carreira de cores Holi Life volve a Vigo. Este festival lúdico-deportivo terá participantes entretidos durante o domingo 10 de maio grazas á tradicional carreira de cinco quilómetros de cores non competitivas e ao festival de verán, o Summer Party, do que poderán gozar na zona do evento. En 2020 todo volve para comezar e a Holi Life ofrece máis diversión aos seus seguidores, nesta ocasión con tobogáns de auga, inchables, batallas de pistola acuática, unha decoración na praia e moitas máis sorpresas que formarán parte da festa.

Galego

Filosofía: unha crítica radical do senso común

A Biblioteca Pública de Pontevedra dentro do programa de Voluntariado nas Bibliotecas de Galicia da Xunta de Galicia pon en marcha UN CURSO DE ABERTO Á FILOSOFÍA a cargo do Dr. en Filosofía e CC.EE. Catedrático de Filosofía Domingos Antom Garcia Fernandes.

Con este curso queremos seguir fomentando a filosofía desde a Biblioteca e poden inscribirse todas aquelas persoas, maiores de idade, que queiran promover e fomentar o uso do diálogo e da razón.

 

Os xoves de 19:00 ás 20:45h. (última sesión o 28 de maio)

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades