CONCURSO DE IDEAS PÚBLICO PARA DOTAR DE NOME Á BIBLIOTECA PÚBLICA DE OURENSE
A Xunta de Galicia abriu un concurso de ideas para dotar de nome á Biblioteca Pública de Ourense tras a súa apertura na nova sede en San Francisco. Con esta iniciativa búscase coñecer as propostas de denominación por parte da cidadanía e das entidades socioculturais de Ourense e do resto de Galicia. Delas, obterase a denominación que finalmente se propoña para nomear este destacado equipamento cultural.