Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

ClasClas Sports

Os días 7 e 8 de xullo toca moverse, é o turno de CLASCLAS SPORTS. En colaboración coa Fundación de Servizos Deportivos Municipais,  e baixo a dirección dos seus monitores, o Festival desenvolverá diversas sesións deportivas na Praza de Galicia e na Praia da Concha nas que realizaremos exercicio con música clásica, poderosa onde as haia.

As dúas primeiras sesións de Bike, coas bicicletas estáticas cedidas por SERVIOCIO,  serán o martes 7 de xullo na Praza de Galicia as 10:30 e as 11:45 horas, cun máximo de 20 persoas en cada turno.

Galego

Xogando en vacacións

Xogos para as vacacións de verán con prazas limitadas que terán lugar na Casa da Cultura e Piscina en horario de 9:00 a 14:00 horas. 

A data límite de inscrición é o venres 3 de xullo ás 12:00 horas. 

Prazas limitadas: 45

Preferencia empadroados en Palas de Rei e ambos proxenitores traballadores. 

Grupos por idades. 

Seguimento sanitario diario

Desinfección frecuente de materiais e instalacións. 

Galego

O sono dunha noite de verán

Nos inicios da súa carreira como dramaturgo, William Shakespeare, con apenas 21 anos, compuxo a súa obra máis alegre e desenfadada, Soño dunha noite de verán (1594). Mitoloxía, costumismo cómico, bromas, equívocos, humor e poesía conviven dentro dela nunha zarabanda máxica ambientada na noite pagá de San Juan, na que todo é posible.

Galego

IV Simposio Norteamericano de estudos galegos

O tema para este ano do encontro de galicianistas norteamericanos, apoiado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é: “Encontros transnacionais: do Camiño de Santiago á globalización neoliberal.” Como en simposios anteriores, as propostas poden abordar, entre outros, os seguintes temas de interese: lingua galega, lingüística, literatura e arte, estudos de xénero, educación, historia e política, tradución, globalización e migración, identidade, medio ambiente e teoría social.

Galego

Pementa na casa: John Berger- Xogar no vermello

Alo!! Nestes días decidimos que Pementa na casa non ten porque estar só na cociña, así que aquí iremos subindo propostas que poidades levar a cabo no fogar sen moito problema (ou con todo o que vos queirades liar!). Pementiños, maiores e familas, venbidos a esta pequena viaxe .

John Berger (1926 - 2017) foi un escritor, crítico e artista londinense. É difícil diferenciar entre as tres facetas (de feito, non sería moi xusto). John Berger debuxaba palabras e escribía imaxes, pero, fundamentalmente, John Berger falaba sobre as diferentes formas de mirar.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades