Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

VII Carreira Camiño das Letras

Xurdir, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, organiza o luns 17 de maio de 2021 a VII edición da Carreira Camiño das Letras, coa proba absoluta que partirá desde o Pico Sacro, seguindo a Ruta da Prata, ata a Cidade da Cultura, onde percorrerá o Bosque de Galicia e a Praza Central.

Galego

Centenario de Emilia Pardo Bazán

Este xoves e co gaio do centenario de Emilia pardo Bazán teremos na Biblioteca un encontro coas escritoras Marilar Aleixandre e María López Sández para falar do seu libro "Movendo os marcos do do patriarcado: o pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán" publicado pola editorial Galaxia, participará tamén neste encontro a tres, Celia Pereira Porto, presidenta da Fundación Vicente Risco.

Cunha limitación de aforo máxino para asistir é necesario facer inscrición previa chamando aos teléfonos 988 788385 e 988788386.

Galego

Maker Faire Galicia 2021

O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura volve transformarse en xuño no espazo virtual que acollerá a Maker Faire Galicia, que na súa sétima edición repite cun novo formato totalmente en liña. O encontro volverá ser un gran escaparate para a creatividade e o enxeño, pensado para todos os públicos, onde "argalleir@s" de todo o planeta poderán compartir coñecemento conectándose e interactuando de maneira dixital.

Galego

Escape room do Faraón

Convértédevos en intrépidos exploradores e exploradoras para conseguir resolver todos os enigmas propostos nunha visita á exposición diferente, na que para poder saír da sala non poderá quedar ningún misterio por resolver. 

Obradoiros sobre papiros, xincanas de enigmas en formato escape room, faladoiros sobre arqueoloxía, conferencias ou visitas en liña compoñen o programa de actividades divulgativas e de lecer da exposición Faraón. Rei de Exipto, dirixidas a que todo o público poida tirar o máximo partido desta mostra que está a bater marcas de afluencia no Museo Gaiás.

Galego

Introducción á escrita xeroglífica

Achégate á escrita xeroglífica, entende o seu funcionamento e as principais claves para descifrala da man de César Guerra, historiador da arte e exiptólogo.

Obradoiros sobre papiros, xincanas de enigmas en formato escape room, faladoiros sobre arqueoloxía, conferencias ou visitas en liña compoñen o programa de actividades divulgativas e de lecer da exposición Faraón. Rei de Exipto, dirixidas a que todo o público poida tirar o máximo partido desta mostra que está a bater marcas de afluencia no Museo Gaiás.

Galego

Improvisdado

O concurso “Improvisdado” busca potenciar a expresión artística mediante a creación de espazos que faciliten novas formas de intervención creativa baseadas no debuxo e a pintura, querendo romper cos estándares e “normas non escritas” da arte, na procura da expresión persoal sen cancelas do/a artista.

A finalidade principal desta iniciativa é ofrecer un espazo creativo onde pasalo ben, amosar e apoiar o traballo dos/as artistas, favorecendo as relacións e conexións contraculturais das persoas mediante a participación activa na rúa.

Galego

Ruta cavernícola

Mocidade programa unha nova xornada da Escola ecoloxista este sábado 24, desta volta para facer unha "Ruta cavernícola". Trátase dunha andaina na que se utilizará a arte rupestre de Teo, concretamente na zona de Loureiro, como excusa para repensar a nosa forma de vida. Esta actividade está dirixida a nenos/as de 12 a 18 anos e para participar só hai que enviar un correo-e a mocidade@teo.gal. A hora prevista para a saída dende o lavadoiro de Loureiro son as 17:30 horas e ten unha duración prevista dun par de horas.

Galego

Día do Libro

22 abril: Contacontos. Andando polo camiño. Raquel Galavis.

24 abril: Contacontos: Matías, un pito con moito conto. María Canosa.

1-30 abril: As gañadoras do Premio Cervantes. Exposición e mostra bibliográfica.

1-30 abril: Exposición de carteis do DILI e centro de interese de H. C. Andersen.

#palabrasenimaxe: cancelo para compartir nas redes sociais fragmentos dos vosos libros favoritos con fotos ou imaxes que consideredes acaídas.

Galego

XII Certame de Cinema Ouff Escola

O Certame de Cinema OUFF Escola é unha iniciativa da Concellería de Cultura do Concello de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

OUFF Escola ten entre os seus obxectivos impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espírito crítico.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades