Videopoética
Un recital multimedia que fai un repaso pola pioneira e dilatada traxectoria de 24 anos na videopoesía, de Yolanda Castaño. Neste xénero híbrido conta coa traxectoria máis antiga, prolífica e recoñecida de Galicia.
O espectáculo combina poemas en directo, pezas de audio sobre música pregravada, un guión condutor orixinal e a proxección de pezas videopoéticas que van dende as precursoras (de 1997) ata as máis recentes (2020).

