Rematamos o verán con moita creatividade
Dúas seleccións de libros moi creativos para levar en préstamo, unha de infantil no primeiro andar e unha de xuvenil e adultos na segunda planta.

Dúas seleccións de libros moi creativos para levar en préstamo, unha de infantil no primeiro andar e unha de xuvenil e adultos na segunda planta.
O acto principal do proxecto céntrase na estrea absoluta dunha composición musical elaborada ad hoc polo director e compositor local Manuel Alejandro López Pérez. Este acto principal compleméntase con actividades paralelas como conferencias e actividades infantís. O proxecto xerado pola Asociación de Amigos da Banda de Música de Celanova aplica unha visión multisectorial implicando a todos os sectores/poboación.
Cultura programa a última xornada de observación do ceo nocturno no patrimonio arqueolóxico de Teo deste ano o 11 de setembro ás 21:00 horas. Será unha sesión de astronomía cultural no Petróglifo da Pena Bicuda. A duración da actividade é de tres horas aproximadamente e o punto de encontro é a Carballeira da igrexa de Luou. Recoméndase roupa axeitada para andar e algo para sentar ou pousar no chan.
Co fin de fomentar a participación do público mozo e familiar neste segundo encontro Mulleres e cultura urbana, habilitase un espazo para a iniciación ao graffiti nos que especialistas da disciplina darán pautas e supervisarán as participantes que queiran aproximarse a estas técnicas. A participación é libre previa inscrición.
É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario da páxina web.
Quenda 1, martes 21 de setembro ás 11:00
Para poder realizar a actividade será necesario un número mínimo de 4 persoas.
Curso para ensinarche a utilizar e coñecer a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas.
Os asistentes poderán facer uso dos seus móbiles ou tablets durante a sesión para aprender a manexar a plataforma.
É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario da páxina web.
Quenda 2, xoves 30 de setembro ás 16:00
Para poder realizar a actividade será necesario un número mínimo de 4 persoas.
Curso para ensinarche a utilizar e coñecer a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas.
Os asistentes poderán facer uso dos seus móbiles ou tablets durante a sesión para aprender a manexar a plataforma.
"Sol, vacacións e cine" é un centro de interese que contén unha selección de películas pensadas especialmente para disfrutar na estación na que estamos.
Estará dende o 1 ao 23 de agosto no segundo andar e as pelis pódense levar en préstamo.
"Camiñando a Compostela" é unha pequena mostra bibliográfica, con libros propios, sobre os camiños de Santiago, que estará na planta baixa da Biblioteca dende o 1 de agosto ata o 15 de setembro.
Que é o Ano Iberoamericano das Bibliotecas?
O 2021 foi declarado Ano Iberoamericano das Bibliotecas na pasada XX Conferencia Iberoamericana de Ministras e Ministros de Cultura de Iberoamérica, realizada en 2019. Este acordo establece unha oportunidade de abrir unha conversación rexional sobre a vixencia das bibliotecas na rexión e o seu rol no desenvolvemento dos países iberoamericanos.
A Ínsua dos Poetas, na Esgueva do Carballiño, acolle na véspera do Día de Galicia a conmemoración dos 95 anos do itinerario a pé que fixeron desde Ourense ata Santiago sete integrantes do Grupo Nós: Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas, Xavier Pardo, Alfonso Vázquez Monxardín, Lois Feixóo e Antón Sánchez, en xullo de 1926, seguindo a ruta do Mapa de Fontán.