Endometriose, a epidemia oculta
O próximo 24 de xuño ás 19 horas Cristina Fernández Feijoo, presidenta de QuerEndo, compartirá con todas nós a charla Endometriose, a epidemia oculta. A endometriose é un problema grave e moi descoñecido a pesar de que moitas mulleres o sufren dende nenas.
Cando a regra doe tantísimo que non se pode facer vida normal... Algo vai mal
Podedes afondar neste tema na páxina de querENDO, mulleres con endometriose
As prazas son limitadas polo que é necesario a inscrición previa nos teléfonos: 988 788385 / 86

