Ben veñas, maio
O 23 de abril rematará o prazo de presentación de traballos dos certames ‘Ben veñas, maio’ organizado polos equipos de normalización lingüística dos centros públicos de ensino secundario de Pontevedra, co apoio do Concello, e que este ano repartirá 2.900 euros en premios.
O concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, e o docente Manuel Reboredo, do IES A Xunqueira I, presentaron esta mañá a nova edición dos certames que convocan todas as categorías agás o certame musical e a semana de teatro, que xa non se puideran celebrar en 2020 por causa da crise sanitaria.

