XII Certame de Cinema Ouff Escola
O Certame de Cinema OUFF Escola é unha iniciativa da Concellería de Cultura do Concello de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
OUFF Escola ten entre os seus obxectivos impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espírito crítico.

