Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Centenario Benedetti

O pasado 14 de setembro fixéronse 100 anos do nacemento do popular autor uruguaio Mario Benedetti. É un bo momento para reler ou descubrir a súa obra a través dos fondos da nosa biblioteca que teredes dispoñibles nun centro de interese na sala de préstamo e neste centro de interese virtual cunha lista das súas obras no catálogo e unha presentación das cubertas dos seus libros na nosa biblioteca.

As obras de Benedetti no catálogo da Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel:

http://bit.ly/BPVcentenarioBenedetti

Galego

A rúa é nosa! Compostela Territorio Xogantín

Actividades abertas organizadas por Xandobela para xogar, coñecer, descubrir, compartir e, en definitiva, recuperar a rúa como espazo de xogo e encontro para os rapaces.

Inscrición gratuíta a través do formulario dispoñible en delingua.santiagodecompostela.gal. Período mínimo: unha semana.

Abrirase o 27 de xullo e admitiranse nenos/as incluso o xoves ás 15.00 h de cada semana anterior á escollida, mentres queden prazas libres. Máximo 30 prazas en dous grupos.

Para idades entre 6 e 10 anos.

Galego

Ler no verán

CADA DÍA SORTEAREMOS UN AGASALLO ENTRE AS LECTORAS E LECTORES

Colle unha papeleta na biblioteca infantil, bótaa na urna e entra no sorteo dun agasallo cada día desta semana.

RAZÓNS PARA LER NO VERÁN (OBVIAS E MOLONAS)

Galego

Gladiator Race Pontevedra

Por sexto ano, o próximo 10 de outubro a Gladiator Race volta á cidade do Lérez para gozar dos diferentes obstáculos e dificultades que propoñeremos a todos os gladiators.

A entrega de dorsais e post evento realizarémolo nas inmediacións da illa das esculturas da cidade e poderedes escoller que Gladiator Race vénvos mellor dependendo do voso nivel de forma física: Gladiator Rocket (+6km +20obstáculos), Gladiator Warrior (+11km +30 obstáculos) ou a familiar, dedicado aos máis pequenos da casa, Gladiator Kids. ​

Galego

MORQUECHO 2000-2020

A mostra conta con máis de 150 pezas – algunhas pertencentes a coleccións privadas – de gran formato aínda que imos atopar de todos os tamaños, dunha variedade cromática riquísima que reflicte o seu percorrido vital e as súas viaxes.

Galego

PONTELOVERS

Os #PonteLovers poñémonos en pé para reiniciar a nosa cidade. Unimos forzas para recuperar vida social e económica de Pontevedra. Volvemos pouco a pouco ás rúas e, agora máis que nunca, temos que axudar ao noso comercio de proximidade, aos nosos hostaleiros e ás nosas pymes, e consumir os produtos e servizos dos seus negocios. Ese é o obxectivo da plataforma #PonteLovers, posta en marcha pola Concellería de Promoción Económica e Turismo do Concello de Pontevedra grazas á colaboración de profesionais de tódolos sectores.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades