Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Aprende coas mulleres galegas: Isabel Barreto

O proxecto "Aprende coas mulleres galegas" pretende achegaros unha serie de actividades para coñecer e afondar na vida de catro referentes intelectuais de Galicia: Maruja Mallo, Mª Victoria Moreno, Concepción Arenal e Ángela Ruiz.

Isabel Barreto foi unha navegante galega, ademáis de gobernadora e adiantada, foi a primeira muller na  historia da navegación en obter o cargo de almirante. Descendente dunha familia portuguesa cunha importante tradición na expedición marítima, realizou expedicións a Perú e as illas Salomón.

Galego

Aprende coas mulleres galegas: María Barbeito Cerviño

O proxecto "Aprende coas mulleres galegas" pretende achegaros unha serie de actividades para coñecer e afondar na vida de catro referentes intelectuais de Galicia: Maruja Mallo, Mª Victoria Moreno, Concepción Arenal e Ángela Ruiz.

María Barbeito Cerviño foi unha mestra, pedagoga, tradutora, escritora e divulgadora que introduxo o método Montessori en Galicia, que se basea na liberdade e a autoaprendizaxe para poñer ao alumnado no eixo da educación.

Galego

Aprende coas mulleres galegas: María Casares

Foi unha actriz galega de cine e teatro. O seu pai era Santiago Casares Quiroga, político e avogado republicano, polo que tras o levantamento militar fascista tivo que exiliarse a Francia cando só tiña catorce anos xunto cos seus pais. 

María comezará os estudos de teatro en Madrid pero sería no país galo onde residiría o resto da súa vida e onde triunfaría profesionalmente. Entrou no Conservatorio de París en 1941 e obtivo o seu primeiro papel profesional na obra de teatro A Celestina. Máis tarde, debutaría no cinema con Les enfants du paradis de Marcel Carné. 

Galego

ClasClas na praia

E o 9 de xullo, novamente co serán cehaga CLASCLAS NA PRAIA , co que despediremos esta edición do festival da man de Cristian Silva, Xosé Piñeiro, Carlos Crespo e AHITUVI. Música clásica, música de autor, mentras disfrutamos do “espectáculo natural do solpor desde a Praia”. Este chill-out habitual dos veráns de Vilagarcía que organizan Ahituvi e o Concello adicará a primeira das súas sesións do 2020 ao Festival Clasclás.
 

Galego

ClasClas Sports

Os días 7 e 8 de xullo toca moverse, é o turno de CLASCLAS SPORTS. En colaboración coa Fundación de Servizos Deportivos Municipais,  e baixo a dirección dos seus monitores, o Festival desenvolverá diversas sesións deportivas na Praza de Galicia e na Praia da Concha nas que realizaremos exercicio con música clásica, poderosa onde as haia.

As dúas primeiras sesións de Bike, coas bicicletas estáticas cedidas por SERVIOCIO,  serán o martes 7 de xullo na Praza de Galicia as 10:30 e as 11:45 horas, cun máximo de 20 persoas en cada turno.

Galego

Xogando en vacacións

Xogos para as vacacións de verán con prazas limitadas que terán lugar na Casa da Cultura e Piscina en horario de 9:00 a 14:00 horas. 

A data límite de inscrición é o venres 3 de xullo ás 12:00 horas. 

Prazas limitadas: 45

Preferencia empadroados en Palas de Rei e ambos proxenitores traballadores. 

Grupos por idades. 

Seguimento sanitario diario

Desinfección frecuente de materiais e instalacións. 

Galego

O sono dunha noite de verán

Nos inicios da súa carreira como dramaturgo, William Shakespeare, con apenas 21 anos, compuxo a súa obra máis alegre e desenfadada, Soño dunha noite de verán (1594). Mitoloxía, costumismo cómico, bromas, equívocos, humor e poesía conviven dentro dela nunha zarabanda máxica ambientada na noite pagá de San Juan, na que todo é posible.

Galego

IV Simposio Norteamericano de estudos galegos

O tema para este ano do encontro de galicianistas norteamericanos, apoiado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é: “Encontros transnacionais: do Camiño de Santiago á globalización neoliberal.” Como en simposios anteriores, as propostas poden abordar, entre outros, os seguintes temas de interese: lingua galega, lingüística, literatura e arte, estudos de xénero, educación, historia e política, tradución, globalización e migración, identidade, medio ambiente e teoría social.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades