Crea o poema
Na semana do 15 ao 20 de marzo propoñemos ás nosas usuarias e usuarios participar no proceso de creación poética a través da elaboración dun poema colectivo a partir de versos dos poemarios da mostra do Día da Poesía, co obxectivo de espallar a mensaxe de que a poesía é un xénero para todas e todos.
Podes participar nesta actividade no 2º andar da biblioteca durante o horario de apertura.

