Belén da Catedral de Santiago de Compostela
A Catedral de Santiago acolle o seu tradicional Belén. Trátase dunha instalación de 60 metros cadrados e unhas 600 pezas artesanais, algunhas delas con movemento.
A Catedral de Santiago acolle o seu tradicional Belén. Trátase dunha instalación de 60 metros cadrados e unhas 600 pezas artesanais, algunhas delas con movemento.
Un ano máis podemos gozar do Belén instalado no Concello da Coruña, contando con máis de 250 figuras orixinais realizadas polo taller Gárgola.
Parte das pezas son personaxes históricas relacionadas coa cidade, como é o caso de Breogán, María Pita, María Casares, Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal, Luís Seoane ou o doutor Vázquez Igrexas, entre outros.
Un Nadal máis, o tradicional Belén da Viruca, realizado pola verinense Viruca González Barreira coa colaboración dos seus familiares e amigos/as, volta a Verin para amosar a veciños/as e visitantes os seus máis de 150 metros cadrados, nos que se recollen decenas de figuras artesanais, moitas delas móbiles.
A Asociación de Belenistas de Lugo e Abanca Obra Social convocan o Concurso de Beléns 2017, cuns premios de 100€ para o gañador, 50€ para o segundo posto e 25€ para o terceiro, ademais de diplomas ás 10 mencións honoríficas. A inscrición ao concurso termina o 22 de decembro e as visitas do xurado realizaranse a partir do día 26.
Os beléns poden ser de sete tipos distintos: Beléns Parroquiais, Beléns Sociais, Beléns Domiciliarios, Beléns en Centros Educativos, Escaparatismo de Nadal, Beléns Orixinais e Beléns Viventes.
Como todos os anos desde a década dos 40, o Belén da Orde Terceira, obra do artista ferrolán Don Alfredo Martín Lorenzo, volve a exhibirse en Ferrol. Os medios de comunicación mencionárono como un dos mellores de España e mesmo de Europa no seu estilo, que ano tras ano acapara a atención de quen o visita.
O mércores 20 de decembro conmemórase o 110 aniversario da estrea do Himno galego na Habana, cando se interpretou por primera vez a versión musicada do poema de Eduardo Pondal. A Real Academia Galega celébrao cun acto literario e musical organizado da man do Instituto José Cornide. Contará coas intervencións de Fernando López-Acuña López e Ramón Villares Paz e coa interpretación musical de Queiman e Pousa.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Allariz celebra o Nadal cunha programación chea de actividades para todos os públicos.
Entre o 17 de decembro e o 8 de xaneiro a xente da localidade e os visitantes poderán participar de concertos musicais, teatro, contacontos, monólogos de humor e actividades deportivas como “a derradeira solidaria”.
Ademais, o pavillón do IES de Allariz acollerá unha nova edición do NadalParc. Os máis pequenos poderán divertirse nos inchables, nas zonas de xogo e no espazo reservado para as novas tecnoloxías.
O Centro Histórico de Viveiro acolle este Belén que destaca pola ambientación e o seu realismo.
O Belén de Ourense, máis coñecido popularmente polo nome do seu autor, componse dunha gran cantidade de pezas feitas en barro cocido, ademais de curiosas representacións relixiosas e civís que, mesturadas, conxuntamente coas construccións de carácter popular, crean ese ambiente singular.
O Belén está composto por figuras de barro cocido de entre 20 e 25 centímetros. Entre estas figuras pódense atopar personaxes coñecidos da cidade de Ourense.
Nunha superficie de 120 metros cadrados represéntase o mapa de Xerusalén con 150 figuras artesanais.
Foi inaugurado no 1953 e restaurado no ano 2001.