Celebramos o día da Biblioteca
Desde 1997, cada 24 de outubro conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA, unha iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, en colaboración co Ministerio de Cultura, en recordo da destrución da Biblioteca de Saraxevo, incendiada en 1992 durante a Guerra dos Balcáns. A conmemoración naceu co obxectivo de trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora da f

