Espacio Mahou
Tras a exitosa experiencia de 2017, Mahou volve apostar pola Coruña coa segunda edición de Espacio Mahou. O histórico Edificio Labase volverá abrir as súas portas para converterse de novo, e durante os próximos dous meses, nunha referencia para o lecer innovador en Galicia.
A arte, a moda e o lecer urbano daranse cita de novo no espazo a través da colaboración con creadores e artistas da cidade.

