Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Día do Libro

  • Luns 23: Coñece a biblioteca: visitas guiadas ás 12:00 h. e ás 18:00 h
    • Obradoiro: Son encadernador. Loreto Fernández: Luns 23, mércores 25 e xoves 26 de abril de 18:00 a 20:00 h
  • Martes 24: Debuxos e contos: Carola, a carteira centola, da compañía Polo correo do vento
  • 2-20 abril: Exposición e mostra bibliográfica Libros sen palabras
  • 2-30 abril: Exposición Liber: libros e liberdade ao longo da historia
Galego

Holi Gaiás

A Cidade da Cultura de Galicia convida a dar a benvida á primavera o sábado 5 de maio nunha actividade saudable, en contacto coa natureza e sobre todo divertida como é a carreira Holi Gaiás, que tras o éxito de participantes do ano pasado volver ser a protagonista do programación de Cidade Verde, que tamén inclúe andainas polos novos sendeiros do Bosque de Galicia e unha demostración con papaventos para tirar proveito do vento tan característico do cumio do Monte Gaiás.

Galego

Sete Varas, Un Refaixo

Sete varas, un refaixo é unha mostra que trata de devolver o seu lugar ao traxe tradicional galego e de recuperar auténticas xoias do noso patrimonio.

A pasarela amosará máis de 45 traxes, todos eles antigos ou reproducións fidedignas, froito do estudo e investigación da asociación.

Haberá traxes de garda ou cerimonia de Betanzos, Malpica, Leiro ou Santiago, e tamén traxes domingueiros de Carballedo, Abadín ou Vilasantar, e traxes de decotío de Pontedeume, a Limia ou A Pastoriza.

 

Galego

Un paseo pola literatura española

O Espazo +60 Afundación de Santiago acolle, do 23 ao 30 de abril, diversas actividades con motivo do Día do Libro:

Unha exposición bibliográfica e proxección de autores e obras significativas da literatura española, ademáis dunha selección de Quijotes adaptados para mis nietos, introducindo as orixes da festa do libro. 

O 23 de abril, no club de lectura, lectura e análise de distintas pasaxes do Quijote.

O 24 de abril, no taller de inglés, lectura de fragmentos de obras de Shakespeare.

Galego

Fashion Revolution Week

A Fashion Revolution Week é unha semana de concienciación sobre a moda sostible que se celebra en todo o mundo. En Galicia, diferentes tendas, marcas ou actores da industria da moda organizan actividades no marco desta acción. 

Programa: 

En Vigo

Mércores 25:

16:00 a 18:00 - Xornada de portas abertas no taller de La Canalla 

Xoves 26:

18:00 flashmob #cadenaropavigo (Rúa do Príncipe)

19:00 proxeción do documental RiverBlue + debate en Espacio Nido 

Galego

Produción de actividades culturais

O curso de produción de actividades culturais está organizado polo Centro de Emprendemento - CEM e busca que os asistentes poidan coñecer ferramentas e metodoloxías de traballo para a xestión loxística, organizativa e técnica de eventos culturais e a súa vertente artística; así como aprender a dirixir e coordinar todos os aspectos que interveñen na organización integral de eventos do sector cultural e creativo. 

Galego

Hans Christian Andersen

Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades