Alejandro de la Sota na noite dos museos
Por terceiro ano consecutivo, o museo e a ESAD de Galicia colaboran para dar a coñecer na noite dos museos unha figura da cultura galega, este ano o arquitecto Alejandro de la Sota. Durante aproximadamente unha hora, o público asistente verase inmerso no mundo elegante, divertido e natural que nos deixou o artista, nos diferentes espazos do museo. A intervención incluirá imaxes poéticas que irán acompañadas dun espazo sonoro que permita ao público relacionar a imaxe coa idea que se quere comunicar.

