Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Día das Librarías 2018

O Día das Librarías é unha celebración anual na que os libreiros buscan recordar aos lectores a importancia das librarías como espazos para descubrir e mercar libros. Organizada por CEGAL, a Confederación Española de Gremios y Asociaciones de Libreros, a xornada trae aperturas máis amplas de librarías ou actividades especiais nas mesmas. O calendario de actividades permite descubrir cales son as librarías máis próximas nas que se organizan eventos. 

Galego

I Semana poética Victoriano Taibo

Organizada polo Concello de Gondomar e o Instituto de Estudos Miñoráns, a I Semana poética Victoriano Taibo serve de marco para a entrega do XI Premio Victoriano Taibo. 

Desde o sábado día 10, o evento encherá de versos a vila de Gondomar nunha festa poética que terá un fermoso ramo o día 17 coa entrega do premio desta décimo primeira edición a Laura Ramos Cuba.

Galego

I edición do Maratón Internacional de Creación de Curtametraxes Kino Galicia

Santiago de Compostela converterase nun estudo de cine aberto onde se poñerá a proba o talento dun cento de profesionais e estudantes do sector audiovisual procedentes de España, Alemaña, Italia, Francia, Suíza ou Noruega que se unirán para formar equipos de rodaxe espontáneos e elaborar curtametraxes que, despois, se proxectarán ao público.

Organiza a asociación Kino Galicia, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no Centro de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela, do 29 de outubro ao 3 de novembro. 

Galego

Asaltos!

A Cidade da Cultura acolle Asaltos!, ring dialéctico no que diferentes actores culturais e creativos se enfrontarán en combates creativos. 

Asaltos! é un ciclo ao redor do feito cultural que, a través dun formato rompedor e innovador, pretende sacar fóra da súa zona de confort a creadores e artistas. Tamén ao público, protagonista activo nos catro rings dialécticos nos que se creará, amosará e defenderá a riqueza, variedade e singularidade dos novos procesos creativos dentro e fóra de Galicia. 

Galego

Día da biblioteca

24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA

 

-Mércores 24 de outubro ás 18:00: “A Biblioteca secreta”. Marisa Irimia. Descubriremos o por que de todos os segredos que esconde a misteriosa Biblioteca Secreta. A partir de 4 anos. Aforo: 35 nenos/as.

 

-Xornada de portas abertas: Visitas guiadas ás 12:30 e ás 18:00 h.

-Concurso: Que é a biblioteca para ti? Describe que é a biblioteca para ti a través dun debuxo ou dun texto. Prazo de presentación de traballos: 20 setembro-20 outubro

 

Galego

Filocafé

O CGAC organiza un ano máis os Filocafés na súa cafetaría. Estas iniciativas son conversas públicas, enfocadas desde un punto de vista filosófico, nas que poden participar todas as persoas interesadas en intercambiar inquietudes ou puntos de vista desde calquera área ou nivel de coñecemento.

Galego

XXVII Semana Micolóxica

O luns 8 de outubro comeza o prazo de inscrición da XXVII Semana Micolóxica do Concello de Cambre, que este ano se celebrará do 15 ao 20 de outubro.

De luns a martes terán lugar os faladoiros, o venres 19 de outubro celebrarase un showcooking Aula de Cociña de Porto-Muiños.

O sábado terá lugar a sesión de práctica.

O terceiro domingo de novembro terá lugar a exposición de micoloxía no Parque da Igrexa na que colabora da Asociación Micolóxica Andoa.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades