Concurso Andersen
Participa no concurso con ocasión do Día Internacional do Libro Infantil, anímate e entrega o teu traballo na Biblioteca ata o 20 de abril.
Participa no concurso con ocasión do Día Internacional do Libro Infantil, anímate e entrega o teu traballo na Biblioteca ata o 20 de abril.
Lectoras e lectores de primaria e primeiro ciclo de secundaria poden participar a través da Biblioteca Pública de Lugo no concurso convocado por a OEPLI e a súa sección GALIX, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, antes do 19 de abril. Bases na páxina web.
Actividades que se van a realizar para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil-Xuvenil:
Lectoras e lectores de primaria e primeiro ciclo de secundaria poden participar a través da Biblioteca Ánxel Casal no concurso convocado poe a OEPLI e a súa sección GALIX, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, antes do 16 de abril. Bases na páxina web e no Facebook da Biblioteca.
Balance da evolución da biblioteca ao longo destes 10 anos e anuncio das celebracións do aniversario. Participarán Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura; Consuelo Meiriño Sánchez, xefa do servizo do Sistema de Bibliotecas da Subdirección Xeral de Bibliotecas; e Jesús Torres, director da biblioteca.
Poderase escribir e mesmo debuxar poesía no taboleiro que colocaremos no vestíbulo.
Organizado pola UNED de Ourense, en colaboración co Concello de Ribadavia e Galicia.wine, o curso de Iniciación á cultura do viño está pensado para todos os públicos, incluídos aqueles que non teñen grandes coñecementos teóricos sobre a materia. Nel, os asistentes repasarán os viños de Galicia e mellorarán os seus coñecementos en cuestións de variedades, almacenaxe ou maridaxe.
O 24 de febreiro Rosalía de Castro está de aniversario, unha xornada a celebrar festexando á autora. A Fundación Rosalía de Castro conta cun programa de actividades previstas para a xornada e para o día que a precede.
23 de febreiro
12.30. Padrón. Acto escolar de homenaxe a Rosalía no Espolón de Padrón e inicio polas rúas do “Caldo de Gloria”, con entrega de premios aos escaparates alusivos e a estrea dun vídeo sobre o tema.
Aínda que o Día da Muller e a Nena na Ciencia é cada ano o 11 de febreiro, as actividades ligadas non se limitan só a esa xornada. A Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa Oficina de Igualdade de Xénero e a Galipedia, convocan unha Editatona, un día para mellorar a visibilidade das mulleres científicas na Wikipedia en galego.
O obxectivo principal é o de mellorar a presenza e a cobertura na enciclopedia online das mulleres científicas pioneiras da USC.
Con motivo do Día Internacional do Cáncer Infantil celébrase esta tercera edición do festival Nico contra el cáncer infantil, no que todo o dinero recaudado será destinado á investigacion do cáncer infantil.
No evento, coordinado polo estilista Óscar Novo, haberá desfiles das creacións dos diseñadores Patricia Avendaño, Cristobal Vidal, Manuel Pampillón e Reme Espantoso, con música en directo a cargo de La Plazuela e Montse Sabugueiro, ademáis das actuaciones da cantante e violonchelista Rosa Cedrón, o bailarín e coreógrafo David Pereira e a actriz Gemma Pardo.
Neste obradoiro os máis pequenos achegaranse ás tradicións do entroido galego.
Nesta edición tamén realizarán un traballo creativo inspirado no cadro de Arturo Souto, Máscaras africanas, que se pode contemplar na terceira planta do Sexto Edificio.
O obradoiro está dirixido a nenos e nenas de entre 7 e 12 anos. En cada quenda poden asistir 15 participantes.