Actividades complementarias da exposición Galaicos: Arqueoloxía dos sentidos.
Taller no que as nenas e os nenos, a través dos sentidos, identificarán unha serie de obxectos que irán descubrindo dentro dunhas caixas de cartón, obxectos que adoitan aparecer nas escavacións arqueolóxicas e que, a través da súa análise, poderán asociar coa vida cotiá de tempos prehistóricos. Con esta actividade preténdese que o alumnado tome conciencia do valor do seu pasado así como transmitir coñecementos da prehistoria de forma lúdica. Tamén se promove o traballo cooperativo e estimúlanse os sentidos e a concentración das nenas e nenos.

