Atlantic Emprende + Gaiás 2020
Atlantic Emprende + Gaiás é un espazo de encontro entre profesionais e estudantes da industria musical, tendo como obxectivos o desenvolvemento de mercados, tanto para o sector musical como para aquelas empresas que busquen potenciar o seu negocio traballando coa música como ferramenta.A música crea emprego, mellora o sistema de saúde pública e contribúe á participación e interacción da comunidade. Xera turismo de calidade e fomenta a rexeneración urbana de forma sostible. A música é unha ferramenta para facer cidades e lugares mellores.

